Émilie de Breteuil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Émilie de Breteuil, Marquise du Chatelet (1706-1749) foi unha física francesa.
Autodidacta, Gabrielle-Émilie le Tonnelier de Breteuil, Marquesa do Chatelet, foi amante do filósofo francés Voltaire, con quen mantivo tamén relacións profesionais. Tivo relacións no campo da física con Maupertuis, e traduciu a Leibnitz e Newton, engadindo comentarios e explicacións en pasaxes díficiles.
A filla do Barón de Breteuil naceu o 17 de decembro de 1706. Casou co Marqués do Chatelet-Lomont en 1725. Foi boa linguista, música e matemática, e fondamente interesada na metafísica. Cando comezou a intimar con Voltaire estaba prácticamente separada do seu marido. É considerada como unha pensadora orixinal, aínda que máis coñecida pola súa relación con Voltaire. Escribeu 'Institutions de physique' (1740), 'Dissertation sur la nature et la propagation du feu' (1744), 'Doutes sur les religions révélées', e no 1756 publicou unha tradución dos 'Principia Mathematica' de Newton.
En 1748, deixou a Voltaire por un soldado-poeta, Jean François de Saint-Lambert, oficial da garda do Rei Stanislaw I de Polonia. Morreu polas complicacións subseguintes ó nacemento do seu fillo o 10 de setembro de 1749.