Ariane
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Ariane é un foguete espacial de tres fases de carácter civil construído pola Axencia Europea do Espacio (ESA). O nome provén da forma francesa do personaxe mitolóxico Ariadne.
Francia propuxo por primeira vez o proxecto Ariane nos anos setenta. O proxecto era o segundo intento de Europa de desenvolver o seu propio foguete despois do fracaso do proxecto Europa.
Os foguetes Ariane son lanzados desde Kourou na Güiana Francesa, onde a proximidade ó ecuador supón unha importante vantaxe.
As diferentes versións ata agora do Ariane son:
- Ariane 1, primeiro despegue con éxito 24 de decembro de 1979
- Ariane 2, primeiro despegue con éxito 20 de novembro de 1987 (o despegamento do 30 de maio de 1986 foi errado)
- Ariane 3, primeiro despegue con éxito 4 de agosto de 1984
- Ariane 4, primeiro despegue con éxito 15 de xuño de 1988
- Ariane 5, primeiro despegue con éxito 30 de outubro de 1997 (o despegamento do 4 de xunio de 1996 foi errado).