Asiria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mesopotamia |
Éufrates – Tigris |
Cidades / Imperios |
Sumeria: Uruk – Ur – Eridu |
Kish – Lagash – Nippur |
Imperio Acadio: Agadé |
Babilonia – Isín – Larsa – Susa |
Asiria: Assur – Nínive |
Nuzi – Nimrud |
Imperio Babilónico – Caldea – |
Elam – Amorreos |
Mitanni – Casitas |
Cronoloxía |
Reis sumerios |
Reis de Asiria |
Reis de Babilonia |
Lingua |
Escritura cuneiforme |
Lingua sumeria – Acadio |
Elamita |
Mitoloxía |
Gilgamesh – Marduk |
[editar] Historia
Sometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a.C. (fundación de Assur). No século XVIII a.C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a.C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a.C.) vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a.C.) que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a.C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, extendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a.C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Irak), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmesidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundíuse definitivamente no 614-612 a.C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.
[editar] Arte:
A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados zigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi pocas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.
Imperio mesopotámico, estableceuse dende o século XVIII ó VII a.C.