BSD
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
BSD son as siglas de Berkeley Software Distribution (Distribución de Software Berkeley) e utilizase para identificar a un tipo de sistema operativo derivado de Unix nado a partires das aportacións realizadas a ese sistema pola Universidade de California en Berkeley.
Nos primeiros anos do sistema Unix os seus creadores, os Laboratorios Bell da compañía AT&T, autorizaron á Universidade de California en Berkeley e a outras universidades a utilizar o código fonte e adaptalo as súas necesidades. Durante a década dos setenta e dos oitenta Berkeley utilizou o sistema para as súas investigacións en materia de sistemas operativos. Cando AT&T retirou o permiso de uso á universidade por motivos comerciais a universidade promoveu a creación dunha versión inspirada no sistema Unix utilizando as aportacións que eles habían realizado, permitindo logo a súa distribución con fines académicos e ao cabo dalgún tempo reducindo ó mínimo as restriccións referente a súa copia, distribución e modificación.
Algúns sistemas operativos descendentes do sistema desarrollado por Berkeley son SunOS, FreeBSD, NetBSD, OpenBSD e Mac OS X. BSD tamén fixo grandes contribucións no campo dos sistemas operativos en xeral como o manexo de memoria virtual paxinado por demanda, o control de traballos, o Fast FileSystem, o protocolo TCP/IP e o editor de texto vi.