CGA
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de Color Graphics Adapter (adaptador de gráficos a cor). Estándar gráfico que naceu en 1981 para superar as limitacións do sistema MDA, permitindo traballar con modos gráficos (16 cores e resolución de 160x100, 4 cores e resolución de 320x200 e 2 cores e resolución de 640x200). En modo texto a pantalla dividiase en 25 filas de 80 columnas. Cada carácter ocupaba 8 puntos de ancho por 8 de alto. Tiñan unha memoria de vídeo de 16 KBytes e podian conectarse tanto a monitores RGB coma a monitores composite.
[editar] Ver tamén
- Monitor
- Tarxeta gráfica
- Frecuencia de anovado