Web Analytics Made Easy - Statcounter
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Donostia-San Sebastián - Wikipedia

Donostia-San Sebastián

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

DONOSTI
Euskadi Bandeira de Euskadi|
Provincia: Guipúscoa
Comarca: Donostialdea
Latitude: 43º 19' 17 N
Lonxitude: 1º 59' 8 O
Superficie: 60,89 km²
Altitude: 6 m.
Fundación: 1180
Poboación: 182.930 , 2005
3.004 hab./km²
Xentilicio: Donostiarra
www.donostia.org

Donostia-San Sebastián é a capital da provincia de Guipúscoa, Euskadi (España), aínda que noutros tempos a capital de Guipúscoa foi Tolosa.

O seu nome provén da Igrexa de San Sebastián. En éuscaro é Donostia, posible evolución de Doe Sebastian (Doe significa santo). A cidade tamén é coñecida como A Bela Easo. Os seus habitantes son denominados donostiarras e no pasado tamén se empregou o xentilicio de easonenses, xa en desuso.

Índice

[editar] San Sebastián / Donostia

O concello da cidade admite 3 denominacións oficiais:

  • Donostia é a denominación oficial en éuscaro.
  • San Sebastián é a denominación oficial en castelán.
  • Donosti-San Sebastián é a denominación oficial de maior uso en documentos oficiais.

[editar] Poboación

182.930 habitantes (1/01/2005) 96.822 mulleres 53% do total 86.108 homes 47% do total

[editar] Barrios

  • Aiete

Barrio residencial.

  • Altza

É o Barrio máis densamente poboado da cidade, de orixe rural, experimentou un gran crecemento nos anos 60 debido á inmigración, chegou a ser municipio independente, aspiración que aínda existe en parte da poboación.

  • Amara

É o barrio que máis creceu ultimamente, divídese en varias partes Amara zaharra (Amara Vello) e Amara Berri (Amara Novo), barrio de moita actividade comercial onde se atopa o Estadio de Anoeta.

  • Antigo

É o barrio onde estaba o primeiro asentamento humano da cidade, é un barrio moi diverso xa que hai dende casas modestas ata señoriais vilas e pazs a lado da Praia de Ondarreta.

  • Añorga

Barrio situado na Periferia de Donostia a medio camiño do municipio de Lasarte-Oria. É unha barrio moi pequeno, só teñen dúas rúas de menos de 200 metros. Esta separado do núcleo urbano, só se pode acceder a este andado bordeando a estrada ou por medio de tren, autobús ou coche.

  • Bidebieta

Populoso barrio inconfundible polos seus altos rañaceos, linda co municipio de Pasaia.

  • Centro

É o barrio donostiarra por excelencia. Expandiuse nos séculos XIX e XX; como o ensanche Cortázar. Neste barrio situouse o centro da cidade e o Km. 0 das estradas Guipuscoanas no cruzamento da Avenida da Liberdade (ou "A Avenida"); unha das rúas máis importantes da cidade e centro económico dela; coa rúa Hernani. O seu plano ortogonal ou en cuadrícula é típico do Modernismo, que organiza os edificios en cuadrículas e rúas perpendiculares. De feito compárase o Centro de Donosti con cidades tan importantes como Barcelona ou París, ata, gañouse o nome de "A Pequena París"

  • Egia

Barrio separado do centro da cidade polas vías do Ferrocarril, é un barrio con grandes costas onde se atopa o Cemiterio de Polloe.

  • Gros

Barrio que pode considerarse como centro da cidade, con moita actividade comercial, que tivo unha gran revalorización coa ampliación da praia de Gros (Zurriola) e a creación do Palacio de Congresos Kursaal.

  • Ibaeta

Zona en expansión, tanto para usos industriais como de vivenda. Neste barrio se sitúa o campus universitario da UPV.

  • Igeldo

Barrio con tódalas características dun pobo, afastado do casco urbano e nas saias do Monte do mesmo nome.

  • Intxaurrondo

Outro barrio moi populoso. Afastado do casco urbano.

  • Loiola

Barrio coñecido por estar situado o cuartel militar de Loiola, hoxe case en desuso.

  • Martutene

Barrio coñecido por estar situada o cárcere do mesmo nome.

  • Parte Vella

O Barrio máis vello da cidade, os seus habitantes divídense en Koxkeros (Os nados xunto á Igrexa de Santa María) e joxemaritarras (Os nados xunto á Igrexa de San Vicente). O nome San Sebastián vén da parroquia do mesmo nome situada neste barrio.

  • Zubieta

Caso parecido ao de Ixeldo, neste caso o municipio atópase dividido entre os termos municipais de San Sebastián e Usurbil, moi coñecido porque se atopan as instalacións deportivas da Real Sociedade de Fútbol.

[editar] Festividades

[editar] A tamborrada

A noite do 19 ao 20 de xaneiro a Praza da Constitución da Parte Vella énchese de donostiarras ao redor do taboado no que se sitúa a tamborrada da Sociedade Gaztelubide, composta ata o 2005 soamente por homes. A lei de Igualdade do Goberno Vasco, tivo como consecuencia a entrada da muller por primeira vez, en 2006; nesta tradición dende mediados do século XIX. O ambiente vai crecendo ata que ás doce da noite toda a cidade está pendente da izada da bandeira ao mesmo tempo que os tambores e barrís da sociedade Gaztelubide tocan o Himno de San Sebastián e o resto de cancións compostas por Raimundo Sarriegi para esta data.

Ao longo da mañá do día 20, sae á rúa a Tamborrada Infantil, con máis de medio centenar de compañías infantís de centros escolares de San Sebastián, que seguen un percorrido establecido polas rúas máis importantes da cidade ao son das melodías de Sarriegi.

Ademais, durante todo o día pódense ver distintas compañías que van por outros percorridos, cada unha cos seus orquestras. Aínda que é máis común velas pola tarde, xa que respectan o percorrido infantil. En moitas ocasións, debido á gran cantidade de tamborradas que existen, varias compañías diferentes atópanse en distintos puntos dos seus percorridos. Aí aproveitan para tocar xuntos algunhas cancións.

A festa continúa ata a noite do 20 ao 21, cando a cidade se reúne de novo na Praza da Constitución esta vez ao redor da tamborrada da Unión Artesá (a Sociedade máis antiga da cidade). Esta compañía toca as cancións de Sarriegui por última vez este ano, para acabar tocando o Himno de San Sebastián ás doce da noite, á vez que se ergue a bandeira de San Sebastián.

[editar] Himno de San Sebastián

Escrito por Raimundo Sarriegi, divídese en tres partes.

A primeira enxalza a cidade, única no mundo; e o santo, único no ceo.

A segunda parte fala dos "joxemaritarras", que van tocando de rúa en rúa divertindo á xente.

Na terceira parte faise referencia a que dende as doce da noite hai que esquecer as mágoas, xa que os tamorreros van ir berrando pola cidade.

Ademais, ao principio e ao final do himno, dise "estamos aquí nós tamén, sempre felices, sempre alegres".


A letra, en éuscaro, di así:

Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!
Sebastian bat bada zeruan, Donosti bat bakarra munduan.
Hura dá santua, ta hau dá herria, horra zer dan gure Donostia!! (bis)
Hiru txuloko, gaztelupeko
joxemaritar zahar eta gazte, joxemaritar zahar eta gazte
kalerik kale, danborra joaz, humore ona zabaltzen hor dihoaz. Joxemari!! (bis)
Gautandik gerora, penak txokora!!
Festara!! Dantzara!!
Donostiarrei oihu egitera gatoz!!
Poz aldiz!! Inauteriak datoz!! (bis)
Ba gera, gu ere bai, gu beti pozez, beti alai. Beti alai!!

[editar] Outras festividades

En agosto, durante a semana anterior ao día de a Asunción, celébrase a Semana Grande Donostiarra, as festas da cidade. Entre as diversas actividades que se dan, está o concurso internacional de lumes artificiais. Cada noite desa semana unha casa pirotécnica distinta, todas elas chegadas de distintas partes do mundo, encárgase de lanzar os seus lumes artificiais dende os xardíns de Alderdi Eder sobre a baía de A Cuncha.

Ademais, o 31 de Agosto lémbrase o incendio que arrasou a cidade en 1813 deixando en pé unha soa rúa; a máis antiga da cidade: a rúa 31 de Agosto, na Parte Vella.

O 21 de decembro é o día de Santo Tomás. Durante este día por toda a cidade pódense ver postos de produtos artesanais entre os que destacan por ser a comida típica do día o talo, a chistorra (ou txistorra en éuscaro) e a sidra.

[editar] Festival Internacional de Cine

A mediados de Setembro cada ano, a cidade vístese para recibir aos máis grandes do celuloide nun dos catro Festivais de Cine máis importantes do mundo. As estrelas acomódanse no hotel máis importante da cidade, o María Cristina, e as cerimonias celébranse no Kursaal tan só cruzando o río Urumea dende o hotel. Neste Festival o premio máis importante é a Cuncha de Ouro de San Sebastián, disputado por directores e actores. Ademais outórgase o galardón á cara feminina máis bonita do cine español.

[editar] Regatas

Donostia - Veleiros
Agrandado
Donostia - Veleiros

As dúas primeiras semanas de setembro celébranse as regatas de traiñeiras da Baía da Cuncha. Teñen moito arraigo entre as festas populares porque cada traiñeira vai en representación de localidades guipuscoanas (Hondarribia, Orio, San Pedro, San Juan, San Sebastián...), biscaíñas ou cántabras.

Moitos afeccionados achéganse ata San Sebastián para poder gozar das regatas que forman parte da 'Bandeira da Cuncha', ou 'o trapo', como se lle chama popularmente; e, como non, defender as súas cores.

[editar] A Real Sociedade

A Real Sociedade de Fútbol ou "A Real" é o equipo de fútbol de San Sebastián. Este equipo foi campión da Liga Española en dúas ocasións e gañou outros trofeos como a Copa do Rei, e estivo moitas veces ao as portas de gañar outros campionatos Nacionais e Internacionais.

O campo de fútbol da Real é o de Anoeta, no barrio de Amara; pero para os adestramentos utiliza as instalacións de Zubieta.

[editar] Donostiarras Ilustres

[editar] Deportistas

  • Luís Arconada
  • Bakero

[editar] Escritores

  • Pío Baroja

[editar] Escultores

[editar] Gastronomía

  • Juan Mari Arzak
  • Martín Berasategi

[editar] Ligazóns exteriores

Commons
Commons ten máis imaxes sobre:

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu