Fenicios
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Fenicios foron un pobo de comerciantes de orixe semítica que saíron do norte da rexión hoxe coñecida como Líbano para o norte da África en busca de novas rotas e que por un grande período de tempo dominaron o comercio no Mar Mediterráneo. Así, os fenicios fundaron portos e cidades en lugares tan afastados coma a costa norte da África e España. Discútese a validade de vestixios de presenza fenicia na costa da Gran Bretaña.
Despois de períodos consecutivos de dominación asíria, persa e macedónica, a rexión de orixe dos fenicios perdeu o seu poder, ao paso que unha das colonias fenicias do Mediterráneo, Cartago, ascendeu como un dos portos mais importantes do Mediterráneo. Nun intervalo de 120 anos, entre os séculos III e II a.C., os fenicios de Cartago disputaron o control do Mediterráneo co Imperio Romano nas chamadas Guerras Púnicas. Despois da súa derrota, no 146 a.C., pouco restou da cultura fenicia no Mar Mediterráneo.