Fernando Henrique Cardoso
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Período de goberno: | 1 de xaneiro de 1995-31 de decembro de 2002 |
---|---|
Predecesor: | Itamar Franco |
Sucesor: | Luiz Inácio Lula da Silva |
Nado en: | 18 de xuño de 1931 |
Lugar: | cidade de Rio de Janeiro |
Profesión: | sociólogo, político |
Partido Politico | Partido da Social Democracia Brasileira (PSDB) |
Fernando Henrique Cardoso, sociólogo e político, foi o segundo presidente eleito do Brasil despois da redemocratización ocorrida en 1985. Gobernou o país de 1 de xaneiro de 1995 ata 31 de decembro de 2002.
Na década de 1960 foi profesor de socioloxía, e foi xubilado co Golpe de 1964. Na década de 1970 xuntouse ó partido Movimento Democrático Brasileiro (MDB) através do cal foi eleito senador. En 1985 disputou con Janio Quadros a alcaldía (prefeitura) da cidade de Sao Paulo pero non logrou elixirse.
En 1986 foi reeleito senador e participou da Asembleia Nacional Constituinte, que elaborou a Constitución brasileira de 1988.
Despois do impeachment de Fernando Collor de Mello, tornouse ministro das finanzas do goberno de Itamar Franco, e foi o responsábel pola creación do Plan Real en 1 de xullo de 1994, que mudou a moeda do Brasil (chamada Cruzeiro, para a actual moeda, Real) e reduciu a ata entón forte inflación brasileira.
Grazas ó apoio popular ó Plan Real, logrou elixirse en 1994 e reelixirse en 1998, derrotando nas dúas ocasións a Luiz Inácio Lula da Silva, que o succedeu a 1 de xaneiro de 2003.
Actualmente, Fernando Henrique Cardoso mantén unha fundación, que leva o seu nome.
Predecesor:: Itamar Franco |
Presidente de Brasil entre: 1994-2002 (reeleito 1 vez) |
Sucesor: Luiz Inácio Lula da Silva |