Fototeca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha fototeca é unha organización encargada de adquirir, organizar, conservar e catalogar fotografías para a súa posterior difusión de cara ó usuario. Hai fototecas comerciais e non comerciais, e disínguense ámbalas dúas dos arquivos fotográficos polo tipo de usuario ou cliente. As actividades principais dunha fototeca son: selección e adquisición de fotografías, conservación e difusión destas.
[editar] Selección
A política de selección de fotografías baséase xeralmente nunha serie de criterios como poden ser:
- A calidade da fotografía (o seu estado de conservación)
- A cantidade de fotografías que compoñen unha colección
- O tema da fotografía
- O interese para o usuario ou cliente
[editar] Adquisición
Os métodos máis comúns son os de:
- A través de fotógrafos no cadro de persoal, non é moi habitual. É máis normal que as fototecas encarguen traballos puntuais a fotógrafos autónomos.
- Por medio de depósitos: neste caso un ou varios fotógrafos proporcionan as súas fotografías á fototeca para que esta as distribúa, repartindo os beneficios mediante unha porcentaxe
- Por compra directa: o que implica a cesión por parte do autor de tódolos dereitos sobre as fotografías
- Por cesións ou doazóns
[editar] Conservación
As fotografías en papel, debido á sensibilidade deste á luz e ó calor poden estragarse. O habitual é conservar as fotografías en sobres ou cartafoles que as protexan do contorno o máximo posible