Georg Wilhelm Friedrich Hegel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Georg Wilhelm Friedrich Hegel (27 de agosto de 1770 - 14 de novembro de 1831), filósofo alemán nado en Stuttgart, Württemberg, recibiu a súa formación no Tübinger Stift (seminario da Igrexa Protestante en Württemberg), onde trabou amizade có futuro filósofo Friedrich Schelling. Fascinárono as obras de Spinoza, Kant e Rousseau, así coma a Revolución Francesa. Consideran moitos que Hegel representa a cume do movemento alemán do idealismo filosófico, que habería de ter un impacto profundo no materialismo histórico de Karl Marx.
Índice |
[editar] Formación
Hegel asistiu ao seminario de Tubinga có poeta épico Friedrich Hölderlin e o idealista obxetivo Schelling. Os tres estiveron atentos ao desenrolo da Revolución Francesa e colaboraron nunha crítica das filosofías idealistas de Immanuel Kant e do seu seguidor, Fichte.
[editar] Obra
A primeira e máis importante das obras maiores de Hegel é a súa Fenomenoloxía do Espíritu. Durante a súa vida publicáronse tamén a Enciclopedia das ciencias filosóficas, a Ciencia da lóxica e os (Elementos da) Filosofía do dereito. Varias obras máis sobre a filosofía da historia, relixión estética e a historia da filosofía recopiláronse a partir dos apuntes dos seus estudiantes e publicáronse de xeito póstumo.
[editar] Teoría
As obras de Hegel teñen fama de difíciles pola amplitude dos temas que pretenden abarcar. Hegel introduxo un sistema para entender a historia da filosofía e o mundo mesmo, chamado a cotío "dialéctica": unha progresión na que cada movemento sucesivo surxe como solución das contradiccións inherentes ao movemento anterior. Por exemplo, a Revolución Francesa constitúe para Hegel a introducción da verdadeira liberdade ás sociedades occidentais por vez primeira na historia escrita.
Sen embargo, precisamente pola súa novidade absoluta, é tamén absolutamente radical: por unha parte, o aumento abrupto da violencia que fixo falta para realizar a revolución non pode deixar de ser o que é, e por outra parte, xa consumiu ao seu opoñente. A revolución, por conseguinte, xa non ten onde voltar máis que ao seu propio resultado: a liberdade conquistada con tantas penurias é consumida por un brutal Reinado do Terror. A historia, non obstante, progresa aprendendo dos seus propios erros: só despois desta experiencia, e precisamente por ela, pode postularse a existencia dun Estado constitucional de cidadáns libres, que consagra tanto o poder organizador benévolo (supostamente) do goberno racional e os ideais revolucionarios da liberdade e da igualdade.
Nas explicacións contemporáneas do hegelianismo -para as clases preuniversitarias, por exemplo- a dialéctica de Hegel a miudo aparece fragmentada, por comodidade, en tres momentos chamados "tesis" (no noso exemplo, a revolución), "antítesis" (o terror subseguinte) e "síntesis" (o estado constitucional de cidadáns libres). Sen embargo, Hegel non empleou persoalmente esta clasificación en absoluto; foi creada anteriormente por Fichte na súa explicación máis ou menos análoga da relación entre o individuo e o mundo. Os estudiosos serios de Hegel non recoñecen, en xeral, a validez desta clasificación, índa que probablemente teña algún valor pedagóxico.
Hegel valeuse deste sistema para explicar toda a historia da filosofía, da ciencia, do arte, da política e da relixión, pero moitos críticos modernos sinalan que Hegel a miudo parece pasar por alto as realidades da historia a fin de facelas encaixar no seu molde dialéctico. Karl Popper, crítico de Hegel en A sociedade aberta e seus inimigos, opina que o sistema de Hegel constitúe unha xustificación tenuemente velada do goberno de Federico Guillermo III e que a idea hegeliana de que o obxetivo ulterior da historia é chegar a un Estado aproximado ó da Prusia do decenio de 1831. Esta visión de Hegel como apólogo do poder estatal e precursor do totalitarismo do século XX foi criticada minuciosamente por Herbert Marcuse en Razón e revolución: Hegel e o surximento da teoría social, argumentando que Hegel non foi apólogo de ningún Estado nin forma de autoridade simplemente porque estes existiran; para Hegel, o Estado debe ser sempre racional. Arthur Schopenhauer despreciou a Hegel polo historicismo deste e tachou a obra de Hegel de pseudofilosofía.
[editar] Seguidores
Trala morte de Hegel, os seus seguidores dividíronse en dous campos principais e contrarios. Os hegelianos de dereita, discípulos directos de Hegel na Universidade de Berlín, defenderon a ortodoxia evanxélica e o conservadurismo político do periodo posterior á restauración napoleónica.
Os de esquerda viron a ser chamados hegelianos xoves e interpretaron a Hegel nun sentido revolucionario, o que os levou a aterse ao ateísmo na relixión e á democracia liberal na política. Entre os hegelianos de esquerda atópanse Bruno Bauer, Ludwig Feuerbach, David Friedrich Strauss, Max Stirner e, o máis famoso, Karl Marx. Os múltiples cismas nesta facción levaron finalmente á variedade anarquista do egoísmo de Stirner e á versión marxista do comunismo.
No século XX, a filosofía de Hegel tivo un gran renacemento: isto foi debido en parte ao seu redescubrimento e reevalucación como proxenitor filosófico do marxismo por marxistas de orientación filosófica, en parte a un rexurdimento da perspectiva histórica que Hegel aportou a todo, e en parte ao crecente recoñecemento da importancia do seu método dialéctico. Algunhas figuras que son relacionadas con este renacemento son Herbert Marcuse, Theodor Adorno, Ernst Bloch, Alexandre Kojève e Gotthard Günther. O renacemento de Hegel tamén puxo de relieve a importancia das súas primeiras obras, é dicir, as publicadas antes da Fenomenoloxía do espíritu.
[editar] Obras principales
- Fenomenología do espíritu (Phänomenologie des Geistes), 1806 (Véxase batalla de Jena)
- Ciencia da lóxica (Wissenschaft der Logik) 1812-1816
- Enciclopedia das ciencias filosóficas (Enzyklopaedie der philosophischen Wissenschaften) 1817-1830
- Elementos da filosofía do dereito (Grundlinien der Philosophie des Rechts) 1819
[editar] Véxase tamén
Críticas a Hegel