HP-UX
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
HP-UX (Hewlett Packard UniX) é unha versión de Unix desarrollada e mantida por Hewlett-Packard (HP) desde 1983, eXecutable típicamente sobre procesadores HP PA RISC e nas súas últimas versións sobre Intel Itanium (arquitectura Intel de 64 bits); a pesar de estar basada ampliamente en System V incorpora importantes características BSD. Na actualidade a última versión do sistema operativo é a 11.23, aínda que existen numerosas instalacións de sistemas máis antigos, especialmente HP-UX 10.x ou incluso 9.x.
HP-UX é, como a maior parte de Unixs comerciais, un entorno de traballo flexible, potente e estabel, que soporta un amplio abanico de aplicacións que van desde simples editores de texto a complicados programas de deseño gráfico ou cálculo científico, pasando por sistemas de control industrial que inclúen planificacións de tempo real.
Durante os últimos anos Hewlett-Packard, como moitos outros fabricantes, parece que se interesou bastante pola seguridade en xeral, e en concreto polos sistemas de protección para os seus sistemas; proba disto é a gama de productos relacionados con este campo desarrollados para HP-UX, coma o sistema de detección de intrusos IDS/9000 para HP-UX 11.x correndo sobre máquinas HP-9000 ou a utilidade Security Patch Check, similar ó PatchDiag de Sun Microsystems. Tamén é importante destacar as grandes melloras en canto a seguridade do sistema se refire entre HP-UX 9.x, HP-UX 10.x e moi especialmente HP-UX 11.x. Este sistema é bastante utilizado para ordenadores científicos, coma os do Centro de supercomputación de Galicia (CESGA)[1]
[editar] Carcterísticas
A versión HP-UX 11i v2 pode controlar:
- 128 procesadores (expandible a 256)
- 1 Terabyte(TB) de memoria RAM
- Particións do disco duro de 32 TB
- Ficheiros de 2 TB de tamaño
[editar] Enlaces externos
- Sitio de HP-UX
- Enterpriseunix.org - Noticias achega de HP-UX