Nasa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Este artigo trata da arte de pesca; se anda á procura da páxina adicada á "National Aeronautics and Space Administration", está en NASA.
Arte de pesca en que se emprega unha armazón de forma cilíndrica ou troncocónica, de madeira ou metal, recoberta por un pano de rede, cunha boca en forma de funil pola que entra marisco e peixes, que se deposita no mar para posteriormente recollela. Utilízase en Galiza e no Cantábrico.
As nasas submérxense prendidas dun cabo e cébanse con calquer tipo de carnada de peixe ou vísceras de animais. As nasas arríanse dúas veces ao día para retirar as posíbeis capturas. Os crustáceos máis pescados son o centolo, o bogavante, a nécora, o santiaguiño e a lagosta. Úsase tamén para o polbo.
No Uruguai tamén se utilizan nasas para a pesca de peixes (ollomol). Teñen forma de campá con dúas bocas. Pola inferior entra a captura e pola superior retírase.