Nevado Saxama
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nevado Saxama | |
---|---|
Elevación: | 6.542 m |
Latitude: | 18° 6′ 0″ S |
Lonxitude: | 68° 53′ 0″ W |
Localización: | Bolivia |
Cordilleira: | Andes |
Tipo de montaña: | Estratovolcán |
O Nevado Saxama (en español Nevado Sajama) é un estratovolcán en Bolivia, e é tamén o cumio máis alto dese país. Está situado aproximadamente a 10 quilómetros do límite con Chile. A estrutura do cumio é complexa.
Non se sabe con certeza a data da súa última erupción, mais está considerado como un volcán activo.