Osvobodilna Fronta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Osvobodilna fronta (Fronte de Liberación, en esloveno), foi unha organización de partisanos que liderou a loita contra as forzas de ocupación alemás, italianas e húngaras en Eslovenia e nos territorios de lingua eslovena de Italia e o III Reich (principalmente en Carintia) durante a Segunda Guerra Mundial. Fundouse o 27 de abril de 1941 e esta data celébrase actualmente en Eslovenia como Día da Rebelión contra o Ocupante. Foi fundada coma unha coalición de distintos grupos antifascistas e nacionalistas iugoslagos cun papel predominante dos comunistas de Tito. O seu símbolo incluía as letras OF sobre a Triglav, a montaña de tres cabezas, pico máis alto do territorio esloveno e símbolo do pan-eslovenismo empregado actualmente no escudo do pais.