Pali
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O pāli é unha lingua indoeuropea, da rama Índica, e prácrita. Podese dicir que o pāli é unha forma simplificada do sánscrito. A súa fama provén de ser a lingua na cal se rexistraron as escrituras do budismo Theravada, coñecidas como o canon pali no Sri Lanka no século I a.C. A língua tivo representación escrita nunha variedade de sistemas de escritura, do Brahmi ao Devanagari e outros sistemas sistemas de escritura índicos ata unha forma romanizada desenvolvida por T. W. Rhys Davids, da Pali Text Society.
Algúns budistas da escola Theravada consideron que o pāli foi a lingua falada por Buda. Sen embargo non está claro incluso se chegou a ser de feito unha língua falada. Varios investigadores manteñen que era unha língua puramente literaria criada a partir dalguns dialectos hindus, sendo o Magadhan (lingua do reino de Magadha) un dos máis probables ancestros.