Questione della lingua
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A questione della lingua ("problema da lingua" en italiano) foi unha controversia medieval sobre se era apropiado utilizar a lingua vernácula como lingua de literatura en vez do latín. Incluía a discusión sobre que dialecto italiano se debería usar.
Este foi un debate medieval en orixe, no que contribuíu Dante. Na súa De vulgari eloquentia rexeitou todos os dialectos e defendeu unha lingua ecléctica composta dos mellores elementos de todos os dialectos. Na Divina Commedia empregou o dialecto florentino, que tamén utilizaron Petrarca e Bocaccio. A controversia continuou moito tempo, mesmo se xa o florentino devira a lingua literaria dos italianos. No século XVI Castiglione mostrouse partidario da lingua falada nas cortes, encanto que outros apoiaban a teoría ecléctica de Dante. Desenvolvéronse dúas escolas nun conflito a nível europeo coñecido como "antigos e modernos". Bembo, por exemplo, insistía no florentino do século XIV na súa Prose della volgar lingua, encanto que Castelvetro e Maquiavelo optaban pola forma contemporánea. Ainda se discutía no XIX: Leopardi defendeu a lingua de Dante.