Río Bravo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Bravo | |
---|---|
Título orixinal | Rio Bravo |
Fotograma dos créditos |
|
Director | Howard Hawks |
Produtor | Howard Hawks |
Guión | Leigh Brackett, Jules Furthman |
Intérpretes | John Wayne, Dean Martin, Angie Dickinson, Walter Brennan, Claude Akins, Ward Bond, Ricky Nelson |
Música | Dimitri Tiomkin |
Director de Fotografía | Russel Harlan |
Montaxe | |
Distribuidor | |
Ano | 1959 |
Duración | 141 min |
País | Estados Unidos |
Xénero | {{{xénero}}} |
Orzamento | |
Filme anterior | |
Filme seguinte | |
Ficha en IMDb |
Río Bravo (1959) é un western dirixido por Howard Hawks, e unha das cinco películas nas que traballou con John Wayne (Río Vermello (1948), Río Bravo (1959), Hatari! (1962), El Dorado (1966), Rio Lobo (1970)).
Podemos interpretar Río Bravo en contraposición a outro western da época, High Noon (1952) de Fred Zinnemann. Na película de Zinnemman un atribulado sheriff (Gary Cooper) pasabase a película pedindo desesperadamente axuda e ningúen lle axudaba. No filme de Hawks o sheriff en perigo non pide axuda e todos están dispostos axudarlle.
Son enfoques radicalmente distintos, Howard Hawks concibe o heroe como un home forte (habitualmente acompañado por mulleres fortes) que debe sair el só dos seus problemas, un personaxe que sabe como comportase e que é o que debe facer en cada momento.
Sobre a elaboración do guión cabe decir que os guionistas case sempre dispoñían dun par de opcións boas para resolver cada situación e iso permitiu que anos máis tarde puideran utilizar parte do material descartado para facer El Dorado (1967) un filme crepuscular que retoma o tema do sheriff "só ante o perigo".
Como curiosidade no filme actúa Ricky Nelson —unha estrela musical xuvenil do momento—, esa ocurrencia publicitaria permitiu que vira o filme un tipo de público xove que non coñecía a Howard Hawks —un dos grandes maestros do western—.