SCART
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Siglas de Syndicat des Constructeurs d'Appareils Radiorécepteurs et Téléviseurs. Tipo de conector normalizado de 21 patillas tamén coñecido como Euroconector, que serve para a interconexión de dispositivos para o intercambio de información de vídeo e audio. O número de estándar na CENELEC é EN 50049-1:1997. O Euroconector empregase na interconexión de distintos dispositivos de TV, vídeo, descodificadores, videoxogos...