Servidor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En informática, un servidor é un sistema informático que proporciona servizos a outro sistema informático, chamado cliente, a través dunha rede. O termo é utilizado para se referer ó sistema informático completo, pero tamén é utilizado para se referer só ó compoñente hardware ou só ó compoñente software do anterior sistema.
Índice |
[editar] Descrición
Os servidores, hoxe en dia, ocupan un lugar na informática similar ó ocupado polos miniordenadores no pasado, os cais en grande parte se substituíron. O servidor típico é un sistema informático que opera contínuamente sobre unha rede e espera demandas de servizos de outros ordenadores conectados á rede. Moitos servidores están dedicados a realizar esta tarefa, pero alguns tamén son usados para outros obxectivos, en particular cando as demandas de servizos ó servidor son pequenas. Por exemplo, nunha pequena secretaría, un ordenador grande de escritorio pode actuar como terminal de traballo para unha persoa na secretaria, á par que actúa de servidor para os demáis ordenadores da secretaria.
Os servidores hoxe son similares á maior parte dos ordenadores de uso xeral, ainda que a sua configuración de hardware está optimizada para realizar o seu traballo. Moito hardware idéntico ou case idéntico a este, se atopa en PC´s de escritorio. Sen embargo, os servidores executan un software que a miúdo é moi diferente ó utilizado en ordenadores de escritorio e terminais de traballo.
Os servidores non deberian ser confundidos cos "mainframes", que son ordenadores moi grandes que centralizan certas actividades de procesamento de información en organizacións grandes e poden ou non actuar como servidores. Moitas organizacións posúen tanto “mainframes” como servidores, ainda que os servidores polo xeral son máis pequenos, máis numerosos e están descentralizados.
Os servidores con frecuencia teñen recursos de hardware que fan disponíbel de forma controlada e compartida ós ordenadores cliente. Desta forma ten-se un mellor controlo do acceso e da seguranza, ademais da redución de gastos que conlleva. Algúns recursos hardware que se comparten son impresoras e sistemas de ficheiros.
[editar] Hardware de servidor
Ainda que os servidores se poden construir con compoñentes de ordenador dedicado, normalmente úsase hardware especial optimizado para as necesidades do servidor.
Como moitas tarefas do servidor son operacións de entrada-aaída, a maior parte do custe dun servidor ven dado polo custe de unidades de disco de alto rendimento e interfaces de entrada-saída. Por exemplo, as unidades de disco SCSI configuradas "RAID array" para mellorar o funcionamento e a fiabilidade son populares en servidores a pesar do seu custe alto; estas mesmas configuracións semellarian proibitivamente caras e complexas á maioria dos usuários de ordenador de escritorio. E, ainda que os servidores polo xeral requeran cantidades grandes de espazo de disco, unidades de disco mais pequenas poden ser usadas nunha compensación de capacidade contra a fiabilidade.
As velocidades de CPU son moito menos críticas para moitos servidores que para moitos ordenadores de escritorio. A carencia de calquera interface gráfica de usuario en moitos servidores libera carga de traballo, pudendo realizar o procesador outras tarefas. Se hai moita carga de traballo para un servidor, a tendencia é a agregar mais CPUs en vez de aumentar a velocidade dunha CPU só; faise así por motivos de fiabilidade e a redundancia.
A carencia dun GUI nun servidor fai innecesario instalar adaptadores caros de vídeo. Asimismo, interfaces de audio, conexions de joystick, periféricos USB, e similares son polo xeral innecesarios.
Como os servidores deben funcionar contínuamente necesitan dun sistema de ventilación que manteña o sistema fresco. As fontes de alimentación contínuas especiais utilizan-se para se segurar de que os servidores continuan funcionando cando ocorre un apagón.
Todos os servidores inclúen conexions de rede resistentes que lles permiten manexar as cantidades grandes de tráfico que receben e xeran.
[editar] Software de servidor
A diferenza principal entre servidores e ordenadores de escritorio non está no hardware, está no software. Os servidores frecuentemente executan sistemas operativos que son deseñados para o emprego en servidores. Os servidores executan aplicacións especiais que tamén son deseñadas para realizar tarefas de servidor.
[editar] Sistemas operativos
Nos ordenadores persoais o sistema operativo que predomina é o Windows de Microsoft, pero no mundo dos servidores, os sistemas operativos mais usados son FreeBSD, Solaris e Linux, que son similares ó sistema operativo UNIX. O UNIX foi o primeiro sistema operativo dos miniordenadores, e como os servidores substituíron gradualmente e estes, o UNIX era unha opción lóxica e eficiente de sistema operativo para os servidores.
Os sistemas operativos orientados a servidor teñen certos riscos, como a ausencia dun GUI (ou GUI opcional); a capacidade para ser configurado de novo (en hardware como en software) alomenos en certo grau sen parar o sistema; sistemas avanzados que permiten facer copias de seguranza "on-line" de dados críticos en intervalos regulares e frecuentes; capacidade flexíbel e avanzada de conexión dunha rede; aplicacións (como demos no UNIX ou procesos en Windows) que fai da execución desatendida de programas mais fiábel; seguranza do sistema asine, con usuario avanzado, recursos, dados, e protección de memoria, etcétera.
Como os requerimentos de servidores son nalguns casos opostos ós requerimentos dos ordenadores de escritorio, é somamente difícil deseñar un sistema operativo que manexe ben ambos dispositivos. Sen embargo, certas versións de Windows tamén son usadas sobre unha minoria de servidores; pero os sistemas operativos dominantes entre servidores seguen sendo versións de UNIX ou clons deste.
[editar] Aplicacións de servidor
As aplicacións de servidor están adaptadas ás tarefas realizadas por servidores, tal como as aplicacións de PC’s de escritorio ou “mainframe” están adaptadas ós seus próprios.
A maior parte de aplicacións de servidor distinguen-se polo feito de que non mostran a información sobre unha pantalla e non esperan que o usuário introduza dados. En troco, estas aplicacións executan-se dentro do servidor e actuan só con ordenadores cliente sobre a rede á que o servidor esta conectado. Este tipo de aplicacións de denominan demos na terminoloxia de UNIX, e servizos na terminoloxia de Windows.
As aplicacións de servidor normalmente comezan-se a executar unha vez que o servidor é arrincado, e a partir de entón executan-se contínuamente até que o servidor sexa parado. Un servidor polo xeral controla o mesmo xogo aplicacións en calquera momento, xa que non hai forma de predicer cando un servizo dado poderia ser solicitado por un ordenador de cliente. Alguns aplicacións en alguns sistemas de servidor inician-se cando unha petición dun cliente é recebida, e é parada cando a petición foi satisfeita.
[editar] Servidores sobre o Internet
Case a estrutura inteira de Internet esta baseada nun modelo servidor-cliente. Moitos millóns de servidores están conectados a Internet e executando-se contínuamente en todo o mundo.
Entre moitos servizos proporcionados por servidores de Internet son: a Web, correo electrónico, transferencia de arquivos, mensaxería instantánea, outros de audio e de vídeo e outros moitos. Cada acción realizada por un usuario de Internet ordinario requere unha ou mais interaccións con un ou máis servidores.
[editar] Ver tamén
- Rede informática