Sixeberto II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sixeberto II (601-613). Fillo de Teodorico II. Rei de Austrasia e Borgoña. Tiña doce anos cando herda o trono á morte do seu pai. Brunequilda exerce de novo a rexencia apoiada polos Mordomos de Palacio. Perseguindo a súa vinganza Brunequilda, apoiada por Teodorico II, para asegurar os ingresos fiscais, fixo revisar o catastro e preparou unha reforma de impostos; repara as fortalezas e leva a cabo unha reforma militar.
Fai executar a grandes aristócratas, buscando Brunequilda romper a tradición franca e impoñer o dereito de primoxenitura nos dereitos reais.
O Mordomo de Palacio Warnacario, apoiado por Pipino de Landen e Arnuldo, termina aliándose con Clotario II, rei de Neustria. Cando Clotario II lanza un ataque contra Austrasia, Brunequilda foi traizoada por Warnacario e polo exército austrasiano que, dirixido polos aristócratas, se nega a loitar. Clotario II derrota facilmente a Brunequilda no ano 613. Vencedor desta longa e sanguenta vinganza, fixo prisioneira a Brunequilda en Orbes. Acúsaa de múltiples rexicidios, mándaa torturar durante tres días e mátaa atándoa a un cabalo lanzado ao galope. Tamén executa a Sixeberto II, así como ao seu irmán Corbo.