Vallecas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Vallecas, barrio obreiro de Madrid, situado no Sueste. Ten 300.000 habitantes. Colleu grande sona na loita contra a ditadura franquista e era coñecido como a pequena Rusia. Figuras importantes desa loita foron o Padre LLanos e o cantautor Luís Pastor.
Os seus habitantes senten un forte orgullo por ter nacido no barrio. Ten un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano, que durante varios anos participou na primeira división e no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.
Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.
O nome do barrio é frecuentemente escrito con "k" polos seus habitantes: "Vallekas".
No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no bairro durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".
A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".
A Asemblea de Madrid tamén está situada no bairro de Vallecas na zona de San Diego.
Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.