2 de xaneiro
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dec - Xaneiro - Feb | ||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2006 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
31 | ||||||
2005 |
||||||
lu | ma | mé | xo | ve | sa | do |
1 | 2 | 3 | 4 | |||
5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 |
12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 |
19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 |
26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | |
2004 |
O 2 de xaneiro é o 2º día do ano do Calendario Gregoriano. Quedan 363 días para finalizar o ano, 364 nos anos bisestos.
1 de xaneiro < 2 de xaneiro < 3 de xaneiro
Índice |
[editar] Acontecementos
[editar] Ata 1900
- 69 - As lexións da Xermania rebelanse nomeando emperador a Vitelio.
- 366 - Os alamanes cruzan o xeado Rhin - Rhine invadindo o Imperio Romano.
- 1482 - Establécese a Inquisición en Sevilla
- 1492 - Os Reis Católicos entran en Granada, que fora conquistada polos árabes.
- 1519 - Celébrase por primeira vez en Granada a procesión do Día da Toma, segundo o disposto no testamento do rei Fernando o Católico.
- 1521 - Real Cédula da raíña Xoana de Castela pola que se lle concede o título de vila a Mijas (Málaga).
- 1536 - Chega a Santa Marta (Colombia) a expedición do sevillano Pedro Fernández de Lugo que saíra de Tenerife en novembro do ano anterior.
- 1702 - Ten lugar en Tarifa (Cádiz) unha das máis grandes inundacións da súa historia. A riada ocorreu durante o día, non houbo que lamentar perda ningunha de vidas humanas.
- 1705 - Créase o corpo de Escopeteiros Voluntarios de Getares para vixilancia do contrabando na baía de Alxeciras, tiña a súa sede na cidade de Tarifa (Cádiz) con corenta homes escollidos da vecindade. O seu mando foille outorgado a Gaspar Salado, capitán das Milicias Urbanas Andaluzas.
- 1757 - O Reino Unido captura Calcuta, capital da India.
- 1762 - Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
- 1776 - Xosé II de Austria establece a abolición da tortura.
- 1782 - Xosé II de Austria promulga o Edicto de Tolerancia onde garante dereitos e obrigacións cidadás ós non cristiáns no seu país, incluindo os xudeus.
- 1790 - Estreo da obra de teatro "Cosi fan tutte" en Viena de Wolfgan G. Mozart.
- 1791 - Ante o acollemento do primeiro número do xornal Mercurio peruano, este segue a editarse semanalmente cun número extra.
- 1814 - A Asemblea Representativa de Venezuela outorga a Simón Bolívar poderes absolutos.
- 1829 - Decrétase a expulsión dos españois residentes en México.
- 1833 - Gran Bretaña apoderase do arquipélago arxentino das Malvinas coa entrada da corbeta Cleo en Porto Soedade.
- 1839 - Louis Daguerre tira a primeira fotografía da Lúa.
- 1866 - O Goberno español pecha as cátedras do Ateneo.
- 1868 - A cidade de Asunción entrégase ós rebeldes que loitan contra o ditador de Paraguai, Francisco Solano López.
- 1870
-
- Comeza a construción da Ponte de Brooklyn.
- Convértese en monarquía constitucional a dictadura que exerceu en Francia Napoleón III.
- 1871 - O rei de España, Amadeo de Saboia, xura a Constitución.
- 1872 - Arrestado Brigham Young presidente da igrexa dos Mormóns acusado de poligamia (tiña 25 esposas).
- 1874 - Emilio Castelar, presidente da República española, perde a confianza do Parlamento e presenta a súa dimisión.
- 1876 - As invasións dos pobos indíxenas en Tapalqué (Bos Aires), foron polas tropas do coronel Conrado Villegas.
- 1882 - A Standard Oil Company de Ohio e varias subsidiarias constitúen a Standard Oil Trust
- 1886
-
- Francia establece o seu protectorado en Madagascar.
[editar] 1901 - 1950
-
- O Goberno búlgaro denuncia o tratado comercial que lle une a Austria-Hungría.
- Cuba: Publícase na "Gaceta Oficial" o decreto número 1, para a creación da Xunta Superior de Sanidade da illa de Cuba.
- 1904 - Os herdeiros sublévanse contra os colonos europeos en Winhoek e Okahuadja.
- 1905 - Durante a Guerra ruso-xaponesa Port Arthur cae en poder dos xaponeses.
- 1906 - María Tareixa de Borbón, infanta de España, celebra o seu casamento co infante Fernando de Baviera e Borbón.
- 1908
- 1909 - Pío Baroja publica a novela A cidade da néboa.
- 1910 - Cuba: Por primeira vez aplícase a "fórmula 606", na Quinta de Hixiene.
- 1912
-
- Inaugúrase en Alemaña o novo alumeado de gas de neón.
- Nun taller mecánico da Plaza das Viscaínas da cidade de México, realízase o primeiro avión feito no país. Os seus constructores son o mexicano Juan Guillermo Villasana e o ruso inmigrante Santiago Poveregsky.
- Real Decreto polo que o rei Afonso XIII concede á vila de Adra (Almería) o título de cidade.
- 1913 - O Imperio otomano renuncia ós seus territorios europeos, con excepción dos estreitos, e propón a independencia de Albania.
- 1914 - Alfonso XIII, disolve o Congreso.
- 1915 - Estréase en Barcelona a obra teatral A verdade de Xacinto Benavente.
- 1918 - Numerosas obras de arte son destruidas por un incendio no Palacio Real de A Granxa (Segovia).
- 1919 - O exército checoslovaco toma a cidade de Bratislava.
- 1921
-
- Fúndase o Cruceiro Esporte Clube, de Belo Horizonte, en Brasil.
- Inauguración do tramo de ferrocarril entre os pobos onubenses da Palma e Bollullos.
-
- O marco alemán volve a sufrir unha forte caída.
- Inglaterra e Francia non chegan a ningún acordo na Conferencia de Reparacións celebrada en París.
- 1924 - Celébrase en Madrid un gran combate de boxeo entre Morgan e Ambrosini.
- 1926 - Comenzan a emitirse en España os diarios radiofónicos, chamados "A palabra".
- 1928 - Arxentina: Fúndase o Clube Atlético Victoriano Arenas
- 1929
-
- Anunciase a creación dun concurso de beleza, que permitirá a elección de "Miss España".
- Efectúase unha división territorial de Chile, quedando o país dividido en 16 provincias, e suprímense sete das existentes.
-
- Chiang Kai Chek asume a xefatura do poder civil en China.
- Contabilízanse en España 240.000 automóbiles matriculados.
- Estreo no teatro Alcázar de Madrid de A irmá San Sulpicio, de A. Palacio Valdés.
-
- O presidente panameño Arosemena é destituido polo movemento nacionalista da Acción Comunal Patriótica.
- Un accidente ferroviario en Kazán (URSS) causa a morte de 65 persoas.
- Ola de frío en toda España, en Madrid alcánzanse 7 graos baixo cero e 14 en Burgos.
-
- Edgardo Day realiza o traxecto entre Buenos Aires e Montevideo cun biplano Moth 60.
- Comenza en Barcelona o alzamento de anarquistas e sindicalistas.
- 1934 - O poeta español Vicente Alexandre gaña o primeiro premio do Concurso Nacional de Poesía.
- 1937 - Acordo italobritánico sobre o mantemento do statu quo no Mediterráneo.
- 1938 - A poboación de Arxentina estímase en 12.761.500 habitantes segundo algúns xornais.
- 1939 - O físico atómico italiano Enrico Fermi exíliase en Nova York.
- 1940
- 1942 - Durante a II Guerra Mundial os xaponeses entran en Manila.
- 1944 - Tropas dos Estados Unidos desembarcan en Saida, Nova Guinea.
- 1945 - Avións estadounidenses atacan as illas de Formosa e Okinawa.
- 1949 - Luis Muñoz Marín convértese no primeiro presidente democrático de Porto Rico.
[editar] 1951 - 2000
-
- O Tribunal Supremo español confirma as penas de morte impostas os dous delincuentes que asasinaron a unha anciá, á que roubaron 175 pesetas.
- A RDA négase a que unha comisión da ONU prepare a organización de eleccions libres no seu territorio.
- Díctanse en España novas normas de reorganización das Brigadas de Investigación Criminal, Político-social e Móbil.
- 1954 - O día antes do comenzo das emisions da televisión italiana, o papa Pío XII advirte dos perigos que entraña a televisión para a familia.
- 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá é asasinado a tiros.
- 1956 - Estréase en Barcelona a película Johnny Guitar, dirixida por Nicholas Ray.
- 1958 - O Goberno de Caracas anuncia a rendición dos sublevados en Maracai.
- 1959
-
- Buques pesqueiros mexicanos son apresados pola mariña guatemalteca.
- Fidel Castro faise co poder en Cuba e Manuel Urrutia é nomeado presidente polo Movemento 26 de Xullo.
- Os tres días de disturbios en Léopoldville causan 42 mortos.
- Lánzase a sonda rusa Lunik I, primeiro trebello mandado a Lúa.
-
- Ayub Khan elixido presidente de Pakistán.
- Son liberados 23 misioneiras españolas e un crego que foran secuestrados polos rebeldes congoleños.
- 1966 - René Barrientos Ortuño inicia o seu terceiro mandato como presidente de Bolibia.
- 1968 - O doutor Christian Barnard leva a cabo o primeiro transplante de corazón. Ese mesmo dia parece ser que o dentista Philip Blaiberg é a segunda persoa en recibir, no hospital Groote-Schuur de Ciudade do Cabo, un corazón alleo.
- 1971 - 66 mortos pola rotura das gradas durante o partido de fútbol entre o Rangers F.C. e o Celtic F.C. en Glasgow, Escocia.
- 1973 - Reanúdanse en París as conversacions sobre Vietnam.
- 1976 - A Unión Soviética dificulta a sua política migratoria a pesar de asinar o acordo de Helsinki de 1975, que aboga por un movemento máis liberal de persoas e ideas en Europa.
- 1978 - A igrexa católica amosa o seu descontento coa aconfesionalidade do anteproxecto constitucional.
- 1979 - Son asasinados un comandante do exército e un cabo da policía armada no País Vasco.
- 1981 - Peter Sutcliffe, o Destripador de Yorkshire, é arrestado.
- 1983
-
- Constitúese en Perú o segundo goberno do presidente Belaúnde Terry.
- O presidente francés François Mitterand asegura que o seu país non reducirá o número de mísis nucleares e sinala que as conversacións sobre o desarme entre Estados Unidos e a Unión Soviética "non son asunto noso".
- Despedida da comedia musical "Annie" no Alvin Theater de New York (despois de 2.377 representacións).
-
- Renfe pecha cerca de 1.000 quilómetros de líñas férreas en España, dos que 750 corresponden a servizos de viaxeiros e cercanías.
- Kenia e Israel establecen relacións diplomáticas.
- Toma posesión do seu cargo o novo Gobernador de Porto Rico, Rafael Hernández Colón.
-
- O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a través do Estreito de Messina.
- Apróbase a Lei Electoral de Andalucía que ten por obxeto establecer o marco xurídico adecuado para a convocatoria e celebración de eleccións ó Parlamento de Andalucía.
- Decrétase o peche da emisora nicaragüense "Radio Católica", por negarse a transmitir, o día anterior, a mensaxe dirixida ó país polo presidente Daniel Ortega.
-
- O presidente do Estado checoslovaco, Václáv Havel visita Berlín oriental e Munich.
- Estatísticas do tráfico de 1989: 6.054 víctimas en 5.005 accidentes.
- 1991 - Rebeldes salvadoreños derriban un helicóptero estadounidense, perecendo os tres tripulantes, un polo choque e os outros dous aparentemente ultimados por guerrilleiros
- 1992
-
- As tres partes no conflito en Bosnia e Hercegovina reúnense en Xenebra.
- Pedro Roselló xura o seu cargo como novo gobernador de Porto Rico.
-
- Retirada masiva de depósitos dos clientes de Banesto tra-la intervención do banco por parte do Banco de España.
- Alfredo Sáenz, do Banco Bilbao-Vizcaia, faise cargo da entidade.
- 1995 - Barrionuevo pide o amparo do CGPJ e acusa a Garzón de deixa-lo "indefenso".
- 1996 - Sindicatos e CEOE pactan somete-las folgas a unha mediación obrigatoria previa.
- 1997
-
- Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
- Un soldado dispara a seis palestinos en Tel Aviv.
- A oposición dos extremistas xudeus á evacuación de Hebrón volveu a ameazar o delicado proceso de paz no Oriente Próximo, cun saldo de varios civís feridos e 6 palestinos mortos.
- Kofi Annan inicia a sua xestión como secretario xeral das Nacións Unidas cunha premisa de reforma-lo organismo.
- Netanyahu e Yaser Arafat ó final chegan a un acordo: a saída do último soldado israelí será o 31 de agosto de 1998.
-
- Ernesto Zedillo, presidente de México, destitúe ó ministro do Interior, Emilio Chuayffet, como responsable da matanza de Chiapas o 22 de decembro.
- O Goberno exclúe ós sindicatos do plan de restitución dos bens incautados polo dictador Franco.
- O secretario xeral do sindicato abertzale LAB vincula unha tregua de ETA co fin da dispersión dos presos.
- Michael, o segundo fillo de Robert Kennedy, morre nun tráxico accidente na neve.
- Un morto e cinco feridos tras un atentado nunha taberna católica do norte de Belfast.
- Suben os prezos da gasolina, transporte por carretera, Correos e as primas de seguros.
- Malasia di que expulsará a un millón de traballadores extranxeiros para protexer o traballador malaio por mor da crecente crisis financeira en Asia
- O Papa condena o uso do diñeiro público con fins privados.
- A Orquestra Filarmónica de Viena rebasa os 1.000 millons de audiencia no tradicional Concerto de Aninovo.
- Un total de 349 aventureiros cubriu a primeira etapa do Rally París-Dakar.
- Comandos integristas asasinan a 412 persoas en tres aldeas de Relizan (Alxeria).
-
- Juan José Ibarretxe toma posesión coma novo lehendakari do Goberno vasco.
- O goberno estudia conceder o terceiro grao aos 22 ex dirixentes de ETA, membros da mesa de Herri Batasuna.
- Fidel Castro celebra o 40 aniversario do triunfo da Revolución.
- Queda fixada a paridade irrevocable do euro en 166,386 pesetas, moeda oficial dos 11 países da zona euro: Austria, Alemaña, Francia, Italia, España, Holanda, Bélxica, Finlandia, Portugal, Irlanda e Luxemburgo.
- Forzas rebeldes derriban un avión de carga da ONU, que levaba oito persoas a bordo. É o segundo en caer na zona de guerra do altiplano angoleño en oito días
- Entra en vigor dende hoxe o novo IRPF, que suporá unha rebaixa fiscal media do 11% e un coste estimado en 538.000 millons de pesetas.
- O piloto español Miguel Prieto triunfa na etapa inaugural do París Dakar.
-
- A oposición triunfa nas Eleccións Parlamentarias de Croacia.
- Un Garda Civil resulta ferido tras o lanzamento de cócteles Molotov contra o cuartel bilbaíno de Galdácano.
- O ex axente da KGB, Vladimir Putin, exerce como presidente en funcións de Rusia tras a dimisión de Boris Yeltsin.
- Liberan o Airbus indio que estaba secuestrado no aeroporto afgano de Kandahar.
- O Nasdaq rexistra en 1999 una revalorización do 85%.
- Nace o fillo dunha muller que levaba 47 días clínicamente morta.
[editar] 2001 -
-
- O goberno salvadoreño de Francisco Floresdecide adopta o dólar como moeda nacional.
- Os españois do seculo XXI apoian a eutanasia, a clonación con fins médicos e os casamentos entre homosexuais.
- O terrorista "demonio", fuxido en Bidart, é considerado polo Interior o novo xefe do aparello loxístico etarra.
- Suecia toma o relevo de Francia na presidencia da UE.
- Seis palestinos, entre eles dous nenos, morren en Cisxordania nun tráxico comenzo de ano.
- O Tribunal de Defensa da Competencia endurecerá as condicións da fusión entre as empresas do sector enerxético Endesa e Iberdrola.
- Cinco mortos e seis desaparecidos son o tráxico resultado ocasionado polo temporal no Pirineo.
- Piden rescate polos dous lenzos de Renoir e o Rembrandt roubados en Estocolmo.
-
- Ibarretxe anunciará medidas xurídicas e sociais contra a prórroga do Concerto Económico Vasco.
- O peronista Duhalde negocia co seu partido selo quinto presidente de Arxentina en duas semanas.
- O estreo da nova moeda, o euro, pon a proba ós bancos e ás caixas de aforros.
- Os fortes incendios forestais en Australia avanzan cara o centro de Sydney.
- Michael Jordan despide o ano 2001 demostrando que é o mellor baloncestista da NBA
- O HCR culmina a repatriación de máis de 25.000 somalíes refuxiados no campo etíope de Daror.
- Cinco persoas son condenadas en China a penas de entre 5 e 10 anos de cárcere por organizar motins populares.
-
- Berlín encarece os envases que degradan o medioambente, pero devolverá a diferencia si se reciclan.
- A noite de aninovo deixa en Filipinas un saldo de doce mortos e 423 feridos.
- Serbios, bosnios e musulmans discrepan sobor a conmemoración do asasinato do archiduque Francisco Fernando ocorrida no 1914.
- Os inspectores da ONU visitan cinco instalacions máis en Bagdad e os seus rededores e en Takrit.
- Un barco con 70.000 toneladas de gasoil choca perante a costa francesa.
- O estudio de rochas nos glaciares indica que o xeo antártico occidental podería derretirse en 7.000 anos.
- O paro causa unha pérdida de 750 millóns de dólares no seu primeiro mes para o Goberno de Chávez.
-
- Rexistrado un tremor de 5,3 graos na escala Richter en Ciudad de México.
- Israel ten no seu poder máis de 200 cabezas nucleares e é a sexta potecia nuclear, segúndo a axencia 'Irna'.
- Un tremor de 6,3 graos sacude as illas de Bali e Lombok causando dous feridos e danos materiais.
- Irlanda comenza a sua presidencia nunha UE en plena crisis.
- Dous mortos e 25 feridos nunha explosión de artígos de pirotecnia en Arxentina.
-
- Ascende a 186 mortos e o menos 97 feridos polo incendio dunha discoteca, os feridos encontranse en estado crítico en hospitais de Bos Aires.
- Un total de 511 persoas morreron en accidentes de tráfico en Israel durante o pasado ano 2004.
- Media ducea de réplicas sacuden as illas de Andamán e Nicobar.
- Morren 20 persoas nun atentado o norte de Bagdad.
- O número de mortes polo mamemoto de magnitude 9 confirmadas é 123.365, aunque o balance final pode supera-las 150.000. O balance estipulouse do seguinte xeito: Indonesia (80,246), Sri Lanka (28.729), India (8.955), Tailandia (4,985), Somalia (200), Birmania (90), Maldivas (80), Malasia (67), Tanzania (10), Bangladesh (2) e Kenia (1).
- Hyundai invirte 860 millons no seu proxecto turístico en Corea do Norte, que xa visitaron 800.000 persoas.
- Autobuses israelíes trasladan a miles de palestinos a Exipto para que acudan a paregrinaxe a Meca.
[editar] Nacementos
- 1566 - Luisa de Carvajal e Mendoza, poetisa española
- 1727 - James Wolfe, xeneral británico durante a Guerra franco-india
- 1758 - Xoan xosé Paso, político arxentino
- 1776 - Frei Patricio de las Torres, escritor español
- 1777 - Christian Daniel Rauch, escultor alemán
- 1816
-
- Benjamin Hobson, misioneiro na China
- Isidoro Araujo, xornalista español, fundador e primeiro director do xornal cubano Diario da Mariña, da Habana
- 1817 - Xosé Mármol, poeta arxentino
- 1822 - Rudolf Clausius, físico alemán
- 1836 - Mendele Moykher Sforim, escritor bielorruso
- 1870 - Ernst Barlach, escultor, artista gráfico e poeta alemán
- 1873 - Santa Tareixa de Lisieux, relixiosa francesa
- 1880 - Rafael González Madrid, "Machaquito", toreiro español
- 1890 - Leónidas Anastasi, avogado e xurisconsulto arxentino
- 1895 - Conde Folke Bernadotte, diplomático sueco
- 1896 - Dziga Vertov, director de cine ruso
- 1905 - Michael Tippett, compositor británico
- 1912 - Renato Guttuso, pintor italiano
- 1913: - Anna Lee, actriz britanica
- 1916 - Líbero Badii, escultor e pintor arxentino de orixe italiana
- 1917 - Vera Zorina, bailarina e actriz alemana
- 1920
-
- Isaac Asimov, escritor e cientifico estadounidense de orixe rusa
- Federico Fellini, cineasta italiano
- Vicente Palacio Atard, historiador español
-
- Renata Tebaldi, soprano italiana
- María Fux, escritora española
- 1928 - Daisaku Ikeda, poeta, escritor e filósofo xaponés
- 1932 - Edward Malefakis, historiador estadounidense
- 1933 - Julieta Serrano, actriz española
- 1934
-
- Víctor García de la Concha, filólogo e profesor español
- Edward L. Romero, embaixador estadounidense en España
- 1935 - Xosé Martínez de Genique, ministro español de Agricultura
- 1936 - Roger Miller, músico estadounidense
- 1937 - David Bailey, fotógrafo americano
- 1938 - Norman Briski, actor arxentino
- 1940 - Manuel Azpilicueta, presidente do Círculo Español de Empresarios
- 1941 - Pedro Manuel Damas Rico, enxeñeiro e politico español
- 1943 - Emilio Disi, actor e director arxentino
- 1945 - Linda Peretz, actriz arxentina
- 1946
-
- Tomás de la Quadra Salcedo, ex ministro, mestre e politico español
- Francisco Martín Morales, humorista gráfico español
- 1947 - Elsa Baeza, cantante e actriz española de orixe cubana
- 1949 - Chick Churchill, músico britanico
- 1951 - Jordi García Candau, director xeneral de RTVE
- 1953
-
- Xoan Fernández-Amesto, presidente da CNMV
- Joan Bibilone, músico brasileiro
- 1958- Colomán Trabado Pérez, atleta español
- 1962 - Carmelo Gómez, actor español
- 1963 - Luis Dántin, piloto español de motociclismo
- 1965 - Diane Lane, actriz estadounidense
- 1966
-
- Basilei Boli, futbolista ucraniano
- Tia Carrere, actriz estadounidense
- 1967 - Tia Carrere, actriz hawaiana
- 1968 - Cuba Gooding Jr., actor estadounidense
- 1969 - Christy Turlington, modelo norteamericana
- 1970
-
- Arnaldo Alvarado, programador e deseñador gráfico español de orixe venezolana
- Pepe Luis Martín, toreiro español
- 1975 - Emmanuel Horvilleur, solista sudamericano
- 1976 - Paz Vega, actriz española
- 1979 - Francisco Abel Segovia Vega, futbolista español
[editar] Mortes
- 1557 - Jacopo da Carucci "Il Pontormo", pintor italiano
- 1614 - Luisa de Carvajal e Mendoza, poetisa española
- 1819 - María Luisa, raíña de España, muller de Carlos IV
- 1850 - Manuel de la Peña y Peña, ex presidente de México
- 1868 - Marcos Paz, presidente da Arxentina
- 1871 - Margarita Maza de Juárez, muller de Benito Juarez, presidente de Mexico
- 1873 - Napoleón III, emperador de Francia
- 1890 - Julián Gayarre, tenor español
- 1915 - Cayetano del Toro e Quartiellers, oftalmologo español, alcalde de Cádiz
- 1921 - Emilio Bobadilla, escritor e xornalista cubano
- 1938 - Alejandro Alvarado "Alvaradito", toreiro español
- 1948 - Vicente Gracía Huidobro, poeta chileno
- 1955 - Jose Antonio Remón, presidente de Panamá
- 1960- Fausto Coppi, ciclista italiano
- 1964 - Pío Fonty Quer, botánico español
- 1974 - Tex Ritter, actor e músico estadounidense
- 1977 - Erroll Garner, pianista estadounidense de jazz
- 1980 - Larry Williams, músico norteamericano
- 1981 - David Lynch, músico britanico
- 1982 - Paul Belmondo, escultor francés
- 1984 - Sebastián Xoan Arbó, escritor español
- 1987 - Ramón Castroviejo, oftalmólogo español
- 1991 - Edmon Jabs, poeta sefardí de orixe exipcia
- 1994:- César Romero, actor estadounidense
- 1995
-
- Mohamed Siyad Barre, presidente da República de Somalia
- Manuel Rivera Hernández, pintor español
-
- Joan Coromines, filólogo e escritor español
- Randy California, músico estadounidense
-
- Rolf Liebermann, compositor suizo
- Joan Brossa, poeta español
-
- Ana Martínez Sagi, xornalista e deportista española
- María das Mercedes de Borbón e Orleans, condesa de Barcelona e nai do rei de España, Xoan Carlos I
- Nicholas Muller, fotógrafo húngaro
- Patrick O'Brien, historiador e novelista británico
- 2001 - Juan Manuel Herrero, ex vicepresidente do Real Madrid
- 2002 - Pablo Antonio Cuadra, poeta e xornalista nicaragüense
[editar] Santoral
- A vida da Nosa Señora do Pilar; Basilio o Grande e Gregorio Nacianceno (Bispos e Doutores); Isidoro, Martiniano e Siridión (Bispos); Acucio, Argeo, Narciso e Marcelino (Mártires); Macario (Abade); Edelmira e Estefania (Virxes); Pedro (Abade de Armenteira); Adelardo (Santo).
[editar] Festas e celebracións
- Granada. A Toma, conmemoración da conquista da ciudade polos Reis Católicos, o 2 de xaneiro de 1492.
- Grisuela do Páramo, Bustillo do Páramo "León" (A Circuncisión do Señor)
- Valdesogo de Abajo, Villaturiel "León" (A Circuncisión do Señor)
[editar] Outros: Crónicas e augurios
[editar] Cronicas: Xano
Cando menos neste título, seguimos dedicando o primeiro mes do ano a Xano, que ten a evidencia máis patente na denominacion galega "Xaneiro" ou no portugues "Janeiro". A súa colocación no calendario no é casualidade. O deus bifronte protexe as portas e os camiños, a porta dun novo ano ábrese e o camiño preséntase adiante. Pero Xano ten dúas faces, a que mira cara o futuro e a que atinxe a mirada cara atras, cara o pasado, toda unha leccion de sabidoría que, ás veces, parecemos esquecer. Se queremos ver de fronte un Xano supervivinte a súa cristianización en dous soles, non teremos máis que achegarnos á igrexa de Aguas Santas (en Ferreria de Pantón). Alí campea moi ufano no arco interior e alí foi estudado polo miúdo por Xosé Lois García, que percorreu o románico panteón na compaña de Manuel María e Saleta. O caracter de Xaneiro, en canto a mes se refire, detéctase, por exemplo, nas "sortes" ou cabañolas galegas, un método adivinatorio que obriga a mirar cara atrás para poder mirar cara o futuro e que o espírito racionalista despreza por supersticioso. Moito racionalismo e moita zarandaia, pero o que máis e o que menos agarda grandes cousas (dos anos capicúas en especial) no xeral; o dos que rematan no cero e creencias similares. Moitos agnosticos chaparonse as doce uvas da sorte coa esperanza de que, facendo a correcto inxesta a golpe de campá, terían "unha boa fada". E os augures pobran os meios de comunicación e vendense San Pancracios para ter de man ante o Servicio Nacional de Loterias, buscase o 11.901 (por poñer un exemplo); data das caias de torres maiores, evistase o amarelo por ser cor enmeigada, rezanse responsos a San Antón porque atopa as cousas e hai hoteis sen habitacións 13 nin pisos do mesmo número... asi que as "sortes non son tanta loucura.
[editar] Augurios: ¿Como é e que ocorre?
Este é un tempo que nos que naceron entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro corresponde o signo do zodíaco chamado Capricornio (pero a ter sempre en conta na actualidade, que debido a precesión dos equinocios, conten as constelación de Saxitario), de aí, que o resumo que vamos expoñer para os nados neste día non corresponda na súa totalidade, tan só é de caracter orientativo. A persoa nada neste día adoita ter unha mente penetrante, inquisitiva, coa capacidade de captar e analizar velozmente tódalas facetas dun negocio ou dunha proposición. Soen ten calidades para a arte musical e tamén a pintura. Deben de cuida-la tendencia a segui-lo camiño máis curto cara a fortuna; asimesmo, deben de aprender a delega-las resposabilidades nos demais.
Ver tamén: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro