A Margarida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
La Margherita - Democrazia è Libertà | |
Partido político | A Margarida - Democracia é Liberdade |
Líder | Francesco Rutelli |
Ano fundación | 2002 |
Afiliación Europea | PDE |
Ideoloxía | centrismo e democracia cristiá |
Ideoloxía respecto a Europa | europeísta |
Estado | Italia |
Web do partido | MargheritaOnLine.it |
La Margherita (A Margarida), é un partido político italiano. O seu nome completo é La Margherita - Democrazia è Libertà ( A Margarida - Democracia é Liberdade ). Xurdiu en 2001 como agrupación electoral de partidos políticos italianos situados no centro político, procedentes da disolución de antigos partidos como os democristiáns, republicáns e liberais, refundíndose despois nun só partido:
- Partito Popolare Italino, democristiáns;
- I Democratici, liberais;
- Rinnovamento Italiano, liberais.
Forma parte d´O Olivo e de PDE e o seu grupo no Parlamento Europeo (ALDE). Asimesmo adoitou presentarse ás eleccións na coalición A Unión, actitude que quere abandonar.
[editar] Europa
A Margarida está a favor da creación do Estado Europeo, é federalista e membro fundador do Partido Demócrata Europeo.
[editar] Enlace externo
- MargheritaOnLine.it Web oficial d´A Margarida, en italiano.
Unión pola Democracia Francesa | A Margarida | Partido do Traballo (Lituania) | Camiño do Cambio (República Checa) | Movemento Cidadán polo Cambio (Bélxica) | Partido Europeo (Chipre) | Partido Nacionalista Vasco |