Abdome
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
[editar] Anatomía animal
- Nos artrópodos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax e nos máis evoluídos posúe apéndices articulados só no último metámero.
- Nos crustáceos o abdome é a parte do corpo que segue ao tórax
- Nos insectos esta rexión do corpo está constituída xeralmente por 11 segmentos semellantes, excepto os terminais.
[editar] Anatomía humana
Nos humanos o abdome é a cavidade entre o tórax e a pelve que comprende a parte inferior do tronco e a maior parte do aparato dixestivo e aparato uro-xenital. A cavidade abdominal recúbrese interiormente por unha membrana chamada peritoneo.