Aceda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aceda | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Rumex acetosa | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A aceda ou herba acedeira (Rumex acetosa) é unha planta herbácea perenne que pode chegar a 100 cm de altura, aínda que o habitual é que non pase de 60 cm, e que medra en pradeiras en moitas partes de Europa. A súa flor é pequena, de cor verde e vemella; as flores masculinas e femininas están localizadas en plantas separadas. Agroma entre maio e xullo. As súas follas son lanceoladas, cos lóbulos basais apuntando cara abaixo. Posúen un sabor acedo e chegan aos 10 cm de lonxitude.
Utilizada como condimento ou en ensaladas, ten algunhas aplicacións medicinais.