Aguia imperial
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aguia imperial | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Aquila heliaca | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
A aguia imperial (Aquila heliaca) é unha ave rapaz, semellante á aguia real, pero un pouco máis pequena (80 cm de longo e 200 cm de envergadura).
Atópase no suleste de Europa e Oeste e Centro de Asia. Outra poboación en España, considerada unha subespecie ou mesmo unha especie (Aguia imperial española). No inverno migra a África, India e China, mentres a española non migra.
En Europa a aguia imperial está en serio perigo de extinción, e xa desapareceu de Hungría e Austria. En España quedan 170 parellas, nos últimos anos detéctase unha pequena recuperación, sobre todo no parque de Doñana.
Habita en campo aberto con pequenos bosques e aniña en árbores solitarias.