Albuquerque, Novo México
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Albuquerque é unha cidade e capital do condado de Bernalillo, Novo México, Estados Unidos. Está situada no centro do estado, a carón do Río Grande. Segundo o censo do ano 2000 tiña 448.607 habitantes, e a área metropolitana tiña 712.738 habitantes. Albuquerque é a sede da Universidade de Novo México e da Base Aérea Militar de Kirtland.
[editar] Historia
A cidade foi fundada polos españois co nome de Alburquerque no ano 1706 como un posto militar situado estratexicamente no Camino Real, construído segundo os esquemas dunha vila castelá arredor dunha praza central, conservada hoxe como museo, área cultural e centro de comercio. O nome deullo o gobernador en honra do duque de Alburquerque, vicerrei de Nova España nese momento.
Durante a Guerra Civil Americana a cidade foi ocupada polos confederados en febreiro de 1862 baixo o mando do xeneral Henry Hopkins Sibley.
[editar] Linguas
Inglés 72,1%, Castelán 23%, Navajo 1%, Vietnamita 0'5%