Alcohol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O alcohol (do árabe al-khwl الكحول, ou al-ghawl الغول) refírese case sempre ao etanol, e por extensión a calquera bebida que conteña etanol (bebida alcohólica, que é capaz, ó ser inxerida en cantidad, de producir reaccións de descontrol no organismo por interacción co sistema nervioso, chegando ata o chamado coma etílico e a morte en casos graves. Asemade, ten outros efectos secundarios, tipificados na chamada borracheira.)
En química, alcohol é un termo máis xeral, aplicado a calquera compoñente orgánico no cal un dos cabóns está ligado a un grupo de hidroxilo (-OH) substituíndo a un átomo de hidróxeno.
Índice |
[editar] Fórmula Xeral
A fórmula xeral é CnH2n+1OH.
[editar] Metanol e Etanol
Os alcohois máis simples e máis comunmente usados son o metanol e o etanol, que teñen as seguintes estrutas:
H H H | | | H-C-O-H H-C-C-O-H | | | H H H metanol etanol
[editar] Usos
Os alcohois teñen unha gran gama de usos na industria e na ciencia como solventes e combustibles. O etanol e o metanol poden facerse combustir dun xeito máis limpo do que a gasolina ou o gasóleo. Pola súa baixa toxicidade e dispoñibilidade para disolver substancias non polares, o etanol é utilizado frecuentemente como solvente en fármacos, perfumes e en esencias vitais como a vainilla. Os alcohois serven frecuentemente como versátiles intermediarios na síntese orgánica.
[editar] Fontes
Moitos alcohois poden ser creados por fermentación de froitas ou grans con levadura, pero soamente o etanol é producido comercialmente deste xeito, principalmente como combustible e como bebida. Outros alcohois son xeralmente producidos como derivados sintéticos do gas natural ou do petróleo.
[editar] Propiedades xerais
Os alcohois poden ser primarios, secundarios, ou terciarios, en función do número de átomos de hidróxeno substituídos no átomo de carbono ao que se atopan enlazado ou grupo hidroxilo. Os alcohois primarios e secundarios son líquidos incoloros e de cheiro agradable, solubles na auga en calquera proporción e menos densos ca ela. Os terciarios en cambio son todos sólidos.
En galego tamén se grafa alcol. Na linguaxe común adoita utilizarse a palabra alcohol como sinónimo de alcohol etílico ou bebida alcohólica.
[editar] Véxase tamén
- Alcoholismo
- Acedo graso
- Éster