Aldebarán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Aldebarán (α Tauri) é a estrela máis brillante da constelación de Touro. O seu nome deriva do árabe al debaran, que significa o seguidor, pola forma na que a estrela segue ás Pléiades. Visualmente, Aldebarán semella ser a máis brillante dun grupo de estrelas coñecidas como Hyades, pero de feito Alderabán está situada a medio camiño entre a Terra e as Hyades.
Aldebaran é unha estrela K5 III, isto é de cor laranxa, grande e que se afastou da secuencia principal despois de usar toddo o hidróxeno. Ten como compañeira unha diminuta anana vermella, difícil de ver.
Aldebarán ten un diámetro de aproximdamente 5.3 × 107 km, ou 38 veces o diámetro do Sol, a unha distancia de 65'1 anos luz e a súa luminusidade é 150 veces a do Sol.É a 13ª estrela máis brillante do ceo.
En 1997 anunciouse a posibilidade da existencia dun gran planeta, equivalente a 11 veces Xúpiter