Anguila - Anguilla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
|||||
Lema nacional: Each Endeavouring, All Achieving (en galego: Cada un esfórzase, todos conseguen) |
|||||
Lingua oficial | Inglés | ||||
Estatuto político | Sen soberano, Colonia do Reino Unido | ||||
Capital | The Valley | ||||
Gobernador | Alan Eden Huckle desde o 28-03-2004 | ||||
Primeiro ministro | Osbourne Fleming | ||||
Área - Total - % auga |
n/d 91 km² Insignificante |
||||
Poboación - Total (2002) - Densidade |
n/d 12,800 140 h/km² |
||||
Moeda | Dólar do Caribe oriental | ||||
Fuso horario | UTC -4 | ||||
Hino nacional | Non ten | ||||
TLD (Internet) | .AI | ||||
Código telefónico | 1-264 |
Anguila é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e mais algunhas illotas próximas, e que ten fronteira marítima con Saint Martin, unha dependencia de Guadalupe, a sueste. Ao oeste, ten como viciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. Capital: The Valley.
Índice |
[editar] Historia
Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes. Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.
[editar] Economía
As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.
[editar] Xeografía
As illas principais son:
- Illa de Anguilla
- Illa Scrub
- Illa Dog
- Illa Sombrero
[editar] Outros Datos
A poboación é de 12,738 habitantes (estimación Xullo 2003)
A esperanza de vida é de 76.7 anos
A defensa do pais é responsabilidade do Reino Unido
A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana
Posee 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado
[editar] Ligazóns externas
Países do mundo | Caribe |
Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trinidade e Tobago - Xamaica |
Países con estatus especial no Caribe Aruba (Holanda) | Antillas Holandesas (posesións de Holanda) |