Aqueménida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A dinastía Aqueménida foi unha dinastía que gobernou o Imperio Persa, fundada por Ciro II o Grande, tras vencer ao último rei medo (-550) e estender o seu dominio pola meseta central de Irán e gran parte de Mesopotamia. Os seus sucesores Cambises II e Darío I o Grande continuaron a súa obra, e este último reorganizou o imperio en satrapías, alcanzando o cénit do seu poder. Sen embargo, os sucesivos fracasos ao intentar someter as cidades gregas (Guerras Médicas) na primeira metade do século -V, debilitaron o imperio, e aínda o habían facer máis as tendencias secesionistas dalgunhas provincias, ata que a conquista de Alexandre Magno (-331) puxo fin ao imperio aqueménida.
Índice |
[editar] Ciro
Ciro disfrutou de ambas herdanzas iranias (persas e medas). Cando se alzou co poder utilizou precisamente os exércitos medos para continuar as súas conquistas. Levou a cabo unha política de perdón aos reis inimigos, que comezou co seu avó Astiaxes, quen o enviou os seus exércitos ao percibir as ínfulas independentistas de Ciro. Dise que tampouco non executou ao rei de Babilonia cando conquistou esa cidade onde restableceu o culto a Marduk e liberou aos xudeus do cativerio. En xeral Ciro seguiu a estratexia de deixar as estruturas administrativas dos lugares conquistados, pero someténdoas ao poder imperial.
[editar] Cambises
Ciro morreu en batalla con tribos nómades preto do mar Caspio, o seu fillo Cambises II - chamado igual que o avó-; quen gobernaba Babilonia por esa data erixiuse en emperador e converteuse nun gobernante tiránico... o imperio comezou a desestabilizarse con revoltas e antes de sufocalas Cambises morreu, segundo algunhas fontes, dunha ferida autoinflixida.
[editar] Darío
Tras algunhas intrigas o trono foi entregado por fin a Darío, tamén aqueménida. Este sustentou que o suposto herdeiro ao trono- segundo fillo de Ciro- era un impostor medo, pois este fillo de Darío fora eliminado polo seu pai cando partiu a Babilonia temendo que lle usurpase o poder; Darío atreveuse mesmo a publicar isto erixindo unha pedra escrita en tres idiomas -persa antigo, elamita e acadio-.
Dario non foi tan clemente como Ciro e expandiu o imperio e fíxoo prosperar. Dividiu os seus dominios en vinte satrapías encabezadas por membros da familia real e fixo unha estrada desde a capital de Lidia (oeste da actual Turquía) ata Susa para levar o correo imperial. Actualmente, o lema do correo dos Estados Unidos son palabras de Dario referíndose a este sistema de comunicación extremadamente efectivo para a época, onde a todo galope os mensaxeiros se entregaban as mensaxes cada quince millas. Isto aseguraba dalgunha maneira o control absoluto sobre es seus parentes quen tiñan a súa propia corte e exército pero non podían fallar en dar tributo ao emperador. Este tributo era proporcional á riqueza de cada rexión.
[editar] Fin dos aqueménidas
O dominio da dinastía aqueménida persa terminou cando o imperio caeu nas mans de Alexandre Magno herdeiro de Filipo II de Macedonia, que se impuxo a todas as polis gregas.
Séculos despois outra dinastía persa, a sasánida habíase alzar co control da rexión por catro séculos configurando en parte o que hoxe coñecemos como cultura do medio oriente.
Coincidindo coa hexemonía aqueménida xurdiu o zoroastrismo -tamén coñecido por mazdeísmo- en Irán pero ao acadar a conquista de Babilonia, Ciro rendeulle persoalmente culto a Marduk e o seu sucesor proclamouse faraón en Exipto practicando a relixión do lugar.