Askari
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nas linguas árabe, persa e suahili, a palabra askari significa soldado. Nas linguas occidentais esta palabra é utilizada para definir ás tropas mercenarias indíxenas de África e Oriente que serviron ós exércitos coloniais europeos durante os séculos XIX e XX.
Índice |
[editar] Orixe
[editar] Funcións orixinais
O cometido orixinal dos askari era o de servir de apoio ás tropas coloniais procedentes da metrópole e sofocar as revoltas locais contra éstas. Os askari tamén desempeñaron labores policiais e de seguridade persoal.
[editar] Invasión de Abisinia
A finais do século XIX, Italia invade Abisinia. Para elo leva a un bo número de askari para engrosar o seu exército. A invasión é frustrada en 1896 cando o exército abisinio vence ós italianos. Os askari que foron feitos prisioneiros foron mutilados en castigo por seren considerados traidores.
[editar] Primeira Guerra Mundial
Axiña, os askari tamén se usaron como forza de combate contra os exércitos coloniais doutras nacións. O mellor exemplo disto deuse na Primeira Guerra Mundial, cando o comandante Alemania Paul von Lettow-Vorbeck se valeu de entre once mil e doce mil askari para manter en xaque ás forzas británicas, moi superiores en número. Os británicos non puideron gañar unha soa batalla contra eles en África oriental en toda a contenda.
[editar] Novos significados
[editar] Segunda Guerra Mundial
O termo acadou novos significados nas décadas posteriores. Durante a Segunda Guerra Mundial os oficiais das SS o empregaron para denominar ós desertores do Exército Vermello soviético que se unían máis tarde ás filas alemás.
[editar] Sudáfrica
En Sudáfrica chamóuselle askari ós guerrilleiros que combatían orixinalmente contra o réximen do Apartheid e tras seren capturados, colaboraban co exército sudafricano coma espías ou mercenarios.
[editar] Hoxe
Na actualidade, a palabra tamén é empregada nalgúns países africanos para denominar ós soldados armados con lanza ou, simplemente, a aqueles encargados de montar guarda.