Asteroides Apolo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Asteroide Apolo é calquera dun grupo de asteroides cuio perihelio está máis preto do Sol que a órbita da Terra, polo tanto a cruzan. Hermes e Ícaro son asteroides Apolo.
Dos asteroides coñecidos o máis grande é 1866 Sísifo, con diámetro de ao redor de 10 km, aproximadamente o mesmo tamaño que tiña o obxecto que creou o cráter Chicxulub co seu impacto. Pénsase que dito impacto foi o causante da extinción dos dinosauros.