Autor
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe incluir o material procedente de Autores Famosos
Autor é un profesional.
Índice |
[editar] Definicións
- O que realiza un determinado acto. O causante de algo: O autor do crime está no cárcere.
- Quen realizou unha obra artística, literaria ou científica: Premiaron ó autor deste libro.
- O suxeito activo dun delito. Pode selo por acción ou omisión.
- A parte demandante nun xuízo.
- En narratoloxía, por autor enténdese autor implícito.
[editar] Narratoloxía
Séguese o seguinte esquema:
- Autor real: pertence o plano da realidade (comunicación extratextual). É o escritor.
- Autor ideal: pertence o plano da realidade (comunicación extratextual). É o papel asumido polo escritor, a súa visión do autor perfecto que pretende, encanto se considera suxeito dos actos creativos lingüístico-literarios que van conformar o texto. Véxase lector ideal.
- Autor virtual: pertence o plano da realidade (comunicación extratextual). Suposto polo lector segundo determinadas expectativas, categorías culturais, gusto, consonancia ideolóxica,...
- Autor implícito: pertence ó plano da ficción (comunicación intratextual). É o suxeito interno da narración, ten unha conciencia superior á do narrador, porque domina o código ou sistema de regras de construción do relato e, particularmente, as regras lingüísticas ou metalingüísticas. A pesar de non estar representado, é o autor implícito o que modela ó narrador, asumindo a función de quen ostenta a instancia máis profunda do relato.
[editar] Exemplos en obras
[editar] Ver tamén
Para percibir a diferenza entre escritor e autor, narratario