Badaxoz - Badajoz
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Badaxoz (Badajoz en castelán, Badallouce en galego antigo) é unha cidade capital da provincia de Badaxoz, que das dúas coas que conta a Comunidade Autónoma Estremeña é a máis meridional. Badaxoz tiña unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.
Badaxoz é a porta de entrada natural a Portugal. Badaxoz é a cidade máis grande de Estremadura. Situada ó Suroeste de España, conta cunha importante infraestrutura de carreteras que a unen con cidades como, Sevilla a tan só 200 Km, ou a Autovía de Estremadura, que a une con Madrid, a 400 Km e Lisboa, a 200 Km.