Batalla de Cannas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Batalla de Cannas foi un triunfo militar cartaxinés acontecido no ano 216 antes de Xesucristo, durante a segunda guerra púnica, que enfrentou ó exército cartaxinés comadado por Aníbal, e ó ejército romano, comandado polos cónsules Caio Terencio Varrón e Paulo Emilio.
[editar] Desenvolvemento
O exército romano era moi superior ó cartaxinés (80.000 romanos contra de 20.000 a 40.000 cartaxineseses). Aníbal, coñecedor da súa desvantaxe, apostouse nunha colina, formando una xigantesca línea convexa, coa súa infantería africana (a mellor parte do seu exército) no centro, e cos mercenarios galos e íberos nos flancos.
Aínda que a infantería cartaxinesa era moi inferior á romana, a súa cabalería era superior, pois contaba con bos xinetes cartaxineses e pola cabalería númida, e Aníbal enviouna para flanquear ó adversario.
A cabalería romana enfrentouse coa cartaxinesa, e resultou perdedora e fuxiu. A cabalería cartaxinesa dispúxose a perseguir á romana en retirada.
Pola súa banda, a infantería cartaxinesa aproveitou a situación. Tanto o vento coma o sol etaban ó seu favor, e os arqueiros romanos non poideron disparar contra eles. A infantería romana tivo que avanzar, topándose cunha férrea defensa cartaxinesa.
Tras un tempo loitando ambos exércitos, volveu a cabalería cartaxinesa de perseguir ó inimigo, a cal cargou contra os romanos polas espaldas das súas formacións, pillándoos a dous fogos e destrozándoos.
Os romanos fuxiron, deixando ó atardecer 50.000 baixas (dos cales 10.000 foron feitos prisioneiros). Este triunfo Roma actuou con cautela, conseguindo tras enormes esforzos a victoria final sobre Cartago.