Bellaria-Igea Marina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bellaria-Igea Marina é unha comuna da provincia de Rímini, rexión de Emilia-Romagna, Italia. 18 km² e 15.199 habitantes. Formouse en 1956 cando tres fraccións da comuna de Rímini pasaron a formar unha comuna propia. É un importante centro turístico no Adriático que conta con Bellaria e Igea Marina como principais poboacións, ademais de Bordonchio e Cagnona.