Círculo Polar Antártico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Círculo Polar Antártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo cuxa latitude é 66°33’ de latitude sul). O Círculo Polar Antártico pasa polas partes máis ao norte da Antártida. Ao sul desta liña, durante o inverno fai polo menos un día de noite absoluta (24 horas de escuridade), e durante o verán fai polo menos un día de luz absoluta (24 horas de sol). Contodo, o tempo do día e da noite poden variar conforme a época e tamén conforme a latitude. O ponto 90° Sul onde se localiza a estación Amundsen-Scott, por exemplo, enfrenta dúas situacións ben distintas durante o ano. Entre o equinocio da primavera e o equinocio de outono a estación é iluminada polo Sol o tempo inteiro. Xa entre o equinocio de outono e o equinocio de primavera, permanece somente a longa noite de seis meses.
[editar] Ver tamén
- Círculo polar ártico
- Ecuador
- Liñas xeográficas imaxinarias
- Meridiano de Greenwich
- Observatorio de Greenwich
- Trópico
- Trópico de Cáncer
- Trópico de Capricórnio