Cabo de Gata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cabo de Gata é unha bisbarra da provincia de Almería (España) e tamén un Parque natural declarado tal no 1987. Foi o primeiro, con esta denominación, de ámbito marítimo-terrestre do Estado, e probablemente un dos últimos redutos de costa virxe do Mediterráneo. Nel habitan multitude de especies vexetais xerofitas endémicas e ata hai poucos anos foi santuario das últimas focas monxe de Europa.
A composición do terreo é fundamentalmente rocha sedimentaria, (gres, etc.) de antigos fondos mariños, pero na zona tamén existen multitude de rochas volcánicas en moitas das súas manifestacións.
Na actualidade estase a desenvolver unha grande actividade turística aproveitando as paradisiacas praias que hai alí.
Por estas e outras características está declarado como Reserva da biosfera pola UNESCO. Máis información no Portal sobre o Parque Natural de Cabo de Gata