Web Analytics Made Easy - Statcounter
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Calendario Hebreo - Wikipedia

Calendario Hebreo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O calendario hebreo é un calendario lunisolar, é dicir, que se basea tanto no ciclo da Terra ao redor do Sol (ano), como no da Lúa ao rodear a Terra (mes). A versión actual, pola que se rexen as festividades xudías, foi concluída polo sabio Hilel II aproximadamente no ano 359. Este calendario baséase nun complexo algoritmo, que permite predecir as datas exactas de lúa nova, así como as distintas estacións do ano, baseándose en cálculos matemáticos e astronómicos, prescindindo desde aquel momento das observacións empíricas de que se valeron ata entón.

Na súa concepción complexa tanto solar como lunar, o calendario hebreo seméllase ao chinés, sen que se saiba de ningunha influencia que teña un sobre o outro; e tamén se semella ao calendario utilizado polos pobos da península arábiga até a aparición do Islam, no século VII de era cristiá. En cambio, distínguese do calendario gregoriano de amplo uso universal, baseado exclusivamente no ciclo solar-anual; e tamén se diferencia do que rexe no mundo musulmán desde Mahoma até os nosos días, que é puramente lunar.

O calendario hebreo comeza coa Xénese do mundo, que aconteceu o día luns 7 de setembro do ano 3760 a.C. -segundo a tradición xudía-, data equivalente ao 1 do mes de Tishrei do ano 1. Deste xeito, o ano gregoriano de 2005 equivale ao ano hebreo de 5765. Para converter un ano do calendario gregoriano ao seu correspondente hebreo, basta con sumar ou restar a cifra de 3760 (2005 + 3760 = 5765); ou ben, sumar as tres últimas cifras do ano hebreo, 1240 (765 + 1240 = 2005).

O "Calendario da comunidade xudía alemá" para o ano 5591 (1831), que incluía "todas as festividades, xaxúns e pregarias, así como as feiras dos estados de Brandenburgo e Silesia" - Berlín, 1831
Agrandado
O "Calendario da comunidade xudía alemá" para o ano 5591 (1831), que incluía "todas as festividades, xaxúns e pregarias, así como as feiras dos estados de Brandenburgo e Silesia" - Berlín, 1831


Índice

[editar] Os fundamentos do calendario hebreo

O día, no calendario hebreo, comeza coa caída do sol, e culmina coa caída subseguinte; ou tamén, pode comezar coa aparición das tres primeiras estrelas no firmamento. Nisto diferénciase do día segundo o calendario gregoriano, que discorre exactamente de medianoite a medianoite.

O costume de ver comezar o día coa caída do crepúsculo é tan antiga como a Biblia mesma, e baséase no texto bíblico da Xénese 1:5, que ao cabo de cada día comenta "E foi a tarde, e foi a mañá ...", do que se entende que cada un dos días da creación comezaba pola tarde. Máis explicitamente aínda, ao prescribir a Biblia o xexún do Día do Perdón, o Yom Kipur: "O día décimo deste sétimo mes será o día da Expiación ... Será para vós día de descanso completo e xexuaredes; o día nove do mes, pola tarde, de tarde a tarde, gardaredes descanso" (Levitico 23:27-32). Desde entón, é práctica corrente e antiquísima que as festividades xudías comecen ao caer o sol. E non só elas: o consabido costume de comezar a celebración do Nadal coa cea de Noiteboa ten as súas raíces en tal milenaria usanza hebrea.

Cabe destacar, no entanto, que estudos arqueolóxicos revelaron que tamén na antiga Babilonia se sinalaba o comezo do día á tardiña, e estímase que é esa a orixe do costume.

[editar] O mes hebreo

O mes no calendario hebreo baséase no ciclo que cumpre a Lúa ao circunscribir por completo a Terra, captando o ollo humano desde o noso planeta 4 diferentes estadios principais da Lúa, a saber: Lúa nova, Cuarto crecente, Lúa chea ou plenilunio, e Cuarto minguante. Tal ciclo dura aproximadamente 29 días e medio. Resulta asombroso comprobar que xa os antigos sabios hebreos souberon calcular a duración exacta de tal ciclo, estimando en base aos seus coñecementos astronómicos que o periplo do satélite en torno ao planeta Terra tiña unha duración de "29 días, 12 horas, e outras 793/1080 de hora" (ou sexa, outros 44 minutos e 3.33 segundos), sendo o seu erro de cálculo de... medio segundo! Debido a que a cantidade de días nun mes debía ser exacta, o calendario hebreo estipulou meses de 29 e de 30 días, intercaladamente.

Ao final dun mes hebreo, a Lúa está completamente ás escuras, e énos invisible. Ao despuntar o Cuarto crecente, alcánzase a ver apenas a Lúa como unha finísima gadaña, que desaparece no horizonte minutos despois do ocaso: é o comezo do mes hebreo. Co correr dos días, crece paulatinamente a parte iluminada da Lúa que se aprecia desde a Terra, até chegar ao plenilunio que marca exactamente a metade de mes. A partir de aí, volve a Lúa a minguar co discorrer dos días, até desaparecer por completo, culminando tamén do mesmo xeito o mes do calendario hebreo.

Os nomes dos meses hebreos, tal como os coñecemos nos nosos días, teñen as súas orixes na antiga Babilonia, de onde foron adoptados polos xudeus alí desterrados polo rei Nabucodonosor, exilio que durou 50 anos (586 adC - 536 adC). Máis antigamente, os meses eran denominados tan só pola súa orde numérica, comezando na primavera (boreal) polo mes primeiro (chamado Nisán) e culminando co duodécimo (denominado Adar). No Pentateuco menciónase a Nisán como o primeiro mes do ano, ao ser aquel en que o pobo de Israel se liberou da escravitude dos faraóns de Exipto: "Este mes seravos principio dos meses; para vós será este o primeiro nos meses do ano" (Exodo 12:2). Outros nomes de meses mencionados en certos libros da Biblia, especialmente no Libro dos Reis, como o "mes de Ziv" (1Reis 6:37), ou "o mes de Bul, que é o mes oitavo" (1Reis 6:38), e tamén "o mes de Eitanim, que é o mes sétimo" (1Reis 8:2), foron seguramente tomados de nomes de meses fenicios, xa que son mencionados no contexto das relacións comerciais entre o Rei Salomón e o Rei Hiram de Fenicia. Os nomes babilónicos, que chegaron até os nosos días, aparecen por primeira vez no Libro de Ester e nos de Esdras e Nehemías, e foron adoptados así mesmo por outros idiomas, como o turco moderno (Nisan = abril; Temmuz = xullo; Eylül = setembro).

A duración dos meses hebreos oscila entre os 29 e os 30 días, da seguinte forma:

1. Tishrei (30 días) - cae aproximadamente en setembro ou outubro 2. Jeshván (29 ó 30 días) - outubro ou novembro 3. Kislev (30 ó 29 días) - novembro ou decembro 4. Tevet (29 días) - decembro ou xaneiro 5. Shevat (30 días) - xaneiro ou febreiro 6. Adar (29 días) - febreiro ou marzo 7. Nisán (30 días) - marzo ou abril 8. Iyar (29 días) - abril ou maio 9. Siván (30 días) - maio ou xuño 10. Tamuz (29 días) - xuño ou xullo 11. Av (30 días) - xullo ou agosto 12. Elul (29 días) - agosto ou setembro

O ano hebreo, segundo a conta bíblica, comezaba co mes de Nisán, chamado na Biblia "o mes primeiro" (Éxodo 12:2), e concluía no mes de Adar; mentres que máis adiante primou a concepción do comezo do ano no mes de Tishrei, coa festividade de Rosh Hashaná (literalmente "cabeza de ano"), culminando o ano no mes de Elul, tal como rexe o calendario hebreo até os nosos días. Desde o punto de vista relixioso, o calendario hebreo conta con 4 diferentes "cabezas de ano", sendo cada unha delas o comezo da conta anual para diferentes finalidades:

  • 1 de Nisán, é o principio de ano de acordo coa conta bíblica, ao conmemorar a saída de Exipto; e era o principio do ano para os reis. Desta maneira, se un rei de Israel asumise o trono o 29 do mes de Adar, xa ao ser o día seguinte o primeiro de Nisán, considerábase o seu segundo ano de reinado.
  • 1 de Elul, o principio do ano para realizar a conta do desmo de gando para apartar segundo as prescricións relixiosas.
  • 1 de Tishrei, o principio do ano segundo o calendario hebreo moderno, conmemorando o aniversario da Creación do mundo, e era a data en que comezaba a conta dos anos, os anos sabáticos (cada sétimo ano, en que as terras quedaban incultas e en barbeito), e os xubileus (cada 50 anos, en que prescribían as débedas e os escravos quedaban libres).
  • 15 de Shevat, o ano novo das árbores, sendo esta a data do seu despertar despois do letargo invernal.

[editar] O ano hebreo

Celebración da Pascua xudía, Pésaj, na mesa do tradicional Séder
Agrandado
Celebración da Pascua xudía, Pésaj, na mesa do tradicional Séder

Un ano hebreo inclúe un ciclo completo das catro estacións do ano, e, á súa vez, debe contar cun número exacto de meses lunares. Deste xeito, o ano hebreo pode ter tanto 12 meses (ano simple), como 13 (ano bisesto, ou en hebreo, "ano preñado"). Hoxe en día é sabido que as estacións do ano débense á traslación da Terra en torno ao Sol, ciclo denominado en astronomía "ano trópico" (365 días, 5 horas, 48 minutos e 44 segundos).

Ao ser o ano trópico sensiblemente máis longo que o ano lunar de 12 meses (354 días, 8 horas e 49 minutos), iríase correndo a Pascua xudía indefectiblemente contra o inverno, contrariamente ao precepto bíblico, se o ano hebreo durase 12 meses de xeito constante. Para evitalo, agrégase un décimoterceiro mes a fin de ano, cada vez que a diferenza acumulativa entre o ano solar e o lunar, duns 11 días por ano, chega a formar un mes enteiro.

[editar] O ano bisesto, embolismal ou "preñado"

O ano hebreo bisesto é un ano de 13 meses, denominado en hebreo "shaná me'ubéret" ("ano preñado" ou embolismal), metaforizando o mes agregado como se fose o feto dunha muller embarazada; e de aí que os métodos de institución de tal ano se chamen "ibur" (do hebreo, "empreñamento"); e en castelán, embolismo. O embolismo do calendario hebreo consiste na duplicación do mes de Adar, de maneira que se intercala un novo mes de 30 días, chamado Adar "A" ("Adar álef"), antes do mes de Adar orixinal, que pasa a ser Adar "Bis" ("Adar bet").

A principal razón pola que foi elixido xustamente o mes de Adar para a súa duplicación é por ser o mes inmediato anterior a Nisán, o mes da primavera, o da saída de Exipto e no que cae a Pascua xudía, "Pésaj", segundo indica a Biblia: "Gardarás o mes de Aviv (= primavera), e farás pascua a Yahveh o teu Deus; porque no mes de Aviv sacoute Yahveh o teu Deus de Exipto" (Deuteronomio 16:1). Outro motivo radica en que Adar era antiguamente o último mes do ano, e historicamente preferíase facer o agregado a fin de ano. Iso aseméllase ao ocorrido co 29 de febreiro, agregado xustamente alí porque antiguamente era febreiro o último mes do ano romano. O método orixinal de embolismo, desenvolvido ao redor do século VI a. C., estabelecía que habería de agregarse un mes máis, en tres anos de cada ciclo de oito. Xa no século V a. C. se perfeccionou o sistema, estipulándose de aí en diante que o agregado habería de facerse en sete anos por cada ciclo de dezanove. Estímase que as ditas técnicas teñen as súas raíces nos coñecementos de astronomía dos babilonios, moi adiantados para a súa época, e do astrónomo grego Meton (século V a. C.), e son aceptadas até o día de hoxe. O Dicionario da Real Academia Española define ciclo lunar, chamado tamén ciclo decemnovenal ou decemnovenario, como o "período de 19 anos, en que os novilunios e demais fases da Lúa volven suceder nos mesmos días do ano, con diferenza de hora e media aproximadamente"; en tanto o ciclo cuádruplo de 76 anos chámase calípico. Disto dedúcese que cada 19 anos coincidirán entre si as datas do calendario hebreo e o gregoriano; aínda que pode existir un desfase dun ou dous días, debido a movementos efectuados no calendario hebreo por motivos relixiosos (véxase máis adiante "a semana no calendario hebreo").

No ano 359 o sabio Hilel II perfeccionou os cálculos e métodos coñecidos, e estabeleceu os mecanismos de embolismo do ano utilizados até o día de hoxe, que foron corroborados polas últimas e máis modernas observacións astronómicas. Os devanditos cálculos xa eran coñecidos desde centos de anos atrás, pero até aqueles tempos preferíanse os métodos empíricos para estabelecer o comezo do mes -dúas testemuñas que habían de atestiguar ante o gran Sanedrín que viran o nacente da Lúa- e o comezo da primavera, en base á maduración dos cereais sementados e á chegada do equinoccio de primavera (o 20 de marzo no hemisferio norte), que é a data en que o día e a noite teñen a mesma duración; mentres que o almanaque era utilizado en caso de impedimentos, como días nubrados.

Flavio Valerio Constantino, chamado Constantino I o Grande (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, Estambul (antes, Constantinopla, na súa honra)
Agrandado
Flavio Valerio Constantino, chamado Constantino I o Grande (272 - 337). Mosaico bizantino, igrexa de Santa Sofía, Estambul (antes, Constantinopla, na súa honra)

Crese que a razón pola cal publicou Hilel II o calendario hebreo tal como se utiliza desde os seus tempos até os nosos días provén dunha das decisións tomadas polo Cristianismo no primeiro Concilio de Nicea, celebrado o ano 325, a instancias do emperador Constantino I o Grande. Segundo a tradición cristiá, Xesús de Nazaret foi crucificado o Venres Santo, coincidente co venres da Pascua xudía. O Concilio decidiu desvincularse do xudaísmo tamén neste aspecto, e prescindir da necesidade de pescudar ano tras ano, a data exacta da Pascua xudía. Para ese efecto, estipulouse que o primeiro día da Pascua cristiá, o Domingo de Ramos, se celebre o primeiro domingo logo da lúa chea, inmediatamente logo do equinoccio de primavera. Cabo destacar que ao independizar o calendario litúrxico cristián do hebreo, perdeu o primeiro a flexibilidade e o equilibrio que caracterizan a este último, o que terminou causando, co correr dos séculos, o traspaso da Pascua cristiá para o inverno, desfase que houbo de ser corrixido ao cabo dun milenio polo papa Gregorio XIII, por medio do seu calendario gregoriano.

De todos os xeitos, a decisión de Nicea espertou o temor entre os xudeus da época, que os cristiáns lles prohibisen anunciar os comezos de mes e os embolismos de cada ano, indispensables para o normal discorrer da vida xudía; e de aí a necesidade dun calendario preestablecido de antemán e aceptado por todas as diásporas do pobo xudeu. Un ano trópico, ou circunvolución da Terra en torno ao Sol, conleva en si 12,368 ciclos lunares, ou voltas que efectúa Selene ao redor do noso planeta. Isto implica que 19 anos trópicos equivalen a 234,992 ciclos da Lúa, un número practicamente enteiro. Desde esta base establécese que cada 19 anos, haberá de haber 235 meses, ou 12 anos comúns (de doce meses), e 7 anos embolismais ou "preñados", con trece meses cada un: os anos número 3, 6, 8, 11, 14, 17 e 19 de cada ciclo decemnovenario. Para saber se determinado ano hebreo é ou non bisesto, hai que dividilo polo número 19: se o cociente obtido logo da división nos deixa un resto logo do enteiro cun dos guarismos 0, 3, 6, 8, 11, 14 ou 17, estamos ante un ano de 13 meses. Así, o ano hebreo de 5765, equivalente ao gregoriano de 2005, ao dividilo por 19 dános 303 enteiros, e un resto de 8 (5765/19 = 303 8/19). Polo tanto, o ano de 5765 foi bisesto, e agregóuselle como tal o mes de Adar "A" antes do último mes do ano, o mes de Adar "Bis".

[editar] A semana no calendario hebreo

Xudeus rezando na sinagoga en Yom Kipur (1878), pintura do pintor xudeu polaco Maurycy Gottlieb (1856-1879).
Agrandado
Xudeus rezando na sinagoga en Yom Kipur (1878), pintura do pintor xudeu polaco Maurycy Gottlieb (1856-1879).

O calendario hebreo non soamente combina o ano solar e o mes lunar, senón que ambos os ciclos complementados han de convivir exitosamente tamén con outro dos legados do calendario dos xudeus ao resto do mundo: o ciclo semanal de sete días.

Os días da semana hebrea baséanse nos seis días da Creación, segundo relata o primeiro capítulo do libro da Xénese, sendo o seu nome o mesmo que lles adxudica a Biblia, que son simplemente os nomes dos números ordinales en hebreo, do primeiro ao sexto -denominación que se conserva no idioma portugués, salvo o domingo; pero que se perdeu na maioría das linguas occidentais, que adoptaron nomes de deidades paganas para os días da semana- e no sétimo día, no que Deus descansou do seu labor (Xenese 2:1-3): o Shabat, do hebreo, shabbat, descanso; nome que foi adoptado por unha boa parte das linguas (castelán sábado, francés samedi, italiano sábato, portugués sábado, catalán dissabte, alemán Samstag, polaco sobota, grego sávvato, árabe asSabt, indonesio sabtu, rumano sâmbt). Así pois, e baseándose no relato bíblico, comeza a semana hebrea o día domingo ("yom rishón", "o día primeiro"), e non o luns como no mundo cristián, e culmina o sábado, o día consagrado ao descanso.

O ciclo hebdomadario, e moi especialmente a santidade da festividade do Sábado -que se considera a máis sagrada das celebracións xudías, superada tan só polo Yom Kipur ou Día do Perdón, precisamente denominado tamén "Sábado de Sábados"- impón outra serie de axustes ao calendario hebreo, que debe de adaptarse ás necesidades derivadas do Sábado en primeiro lugar, e logo doutras festas e ritos xudeus.

Deste xeito, proponse o calendario hebreo impedir que certas celebracións se superpoñan ou ata se contradigan entre si. O primeiro caso sería a gran inconveniencia que carrexaría o coincidir o Sábado, no que se prohibe cociñar, e inmediatamente logo ou antes del, o Yom Kipur, no que os fregueses observan un ríxido xexún. Xa no terreo das contradicións, non sería de recibo que o último día da Festa das Cabanas (Sucot), un de cuxos preceptos é axitar vigorosamente as pólas de aravá ou salgueiro, caese en Sábado, en que esta actividade está expresamente prohibida, por ser unha das 39 actividades prohibidas o sétimo e último día de cada semana (Mishná, Tratado do Shabat, 7:2).

Cumprindo co precepto de sacudir as ramas de aravá na festividade de Sucot
Agrandado
Cumprindo co precepto de sacudir as ramas de aravá na festividade de Sucot

Este difícil pero fundamental equilibrio, obtense mediante cálculos que prescriben en cal dos días da semana poderá caer o primeiro día do ano xudeu (segundo a usanza dos nosos días), que é tamén o primeiro día da festividade de Rosh Hashaná, o Ano Novo xudeu. Así, as regras do calendario hebreo estipulan que, en ningún caso, poderá o primeiro día de Rosh Hashaná e do ano -o primeiro día do mes de Tishrei- caer un domingo, ou un mércores, ou un venres.

Para compensar o desfase que a imposición desta regra pode conlevar no delicado equilibrio do calendario; e unha vez culminado o mes de Tishrei, durante o cal se suceden as principais festas xudías, e especialmente aquelas que carrexan os problemas que o almanaque debe resolver (Rosh Hashaná, Yom Kipur, Sucot), vólvese a balancear o calendario, agregando un, dous ou tres días nos dous meses subseguintes a Tishrei: os meses de Jeshván e Kislev.

Desta regra xorde que existen tres tipos de ano no calendario hebreo:

  • "Ano faltante" ("shaná jaserá"), nese caso tanto o mes de Jeshván como o de Kislev teñen 29 días cada un, do cal resulta que o dito ano contará con 353 días.
  • "Ano normal" ("shaná kesidrá"), nese caso Jeshván traerá 29 días en tanto Kislev virá con 30, do cal resulta un total anual de 354 días.
  • "Ano completo" ("shaná shelemá"), nese caso tanto Jeshván como Kislev contan cada un con 30 días, e polo tanto trátase dun ano con 355 días no seu total.

Os anos bisestos respectivos a cada un dos tipos de anos detallados terán, á súa vez, sumado o mes agregado de Adar "A" que sempre conta con 30 días, 383, 384 ou 385 días.

O calendario hebreo volve a repetir o seu ciclo, tomando en conta as variacións en días, meses e anos, unha vez cada 247 anos, cunha pequena diferenza de 50 minutos entre ambos. Para que a repetición entre dous anos hebreos sexa perfecta, teñen que transcorrer entre un e outro nada menos que ... 689.472 anos!

[editar] Ligazóns externas

[editar] Referencias

Inglés:

  • Samuel Poznanski. "Calendar (Jewish)". Encylopædia of Religion and Ethics, 1911.
  • F.H. Woods. "Calendar (Hebrew)", Encylopædia of Religion and Ethics, 1911.
  • W.H. Feldman. Rabbinical Mathematics and Astronomy,3rd edition, Sepher-Hermon Press, 1978.
  • Arthur Spier. The Comprehensive Hebrew Calendar. Feldheim, 1986.
  • L.A. Resnikoff. "Jewish calendar calculations", Scripta Mathematica 9 (1943) 191-195, 274-277.
  • Edward M. Reingold and Nachum Dershowitz. Calendrical Calculations: The Millenium Edition. Cambridge University Press; 2 edition (July 1, 2001). ISBN 0521777526

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu