Carlos Callón
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Nado en Santa Uxía de Ribeira en 1978. Licenciado en Filoloxías Galega e Portuguesa, exerce como profesor de lingua e literatura galega no ensino secundario.
É autor de diversos traballos centrados na sociolingüística ou nos estudos literarios, dados a coñecer en diferentes congresos e revistas especializadas. Así mesmo, é autor do libro Unha historia que nos pertence (A obra poética en galego de Lorenzo Varela).
Foi concelleiro na súa vila natal e membro do Consello Asesor de RTVE en Galiza (1997-2002). A partir de 1995 ocupou diversas responsabilidades na [Mesa pola Normalización Lingüística], organización que preside desde 2002.
(O seu nome completo é Carlos Manuel Callón Torres).