Clima de Europa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En Europa asístese a diferentes conxuntos climáticos ben diferenciados, con rexións intermedias entre eles.
As masas de auga (o Océano Atlántico e a Corrente do Golfo que corre por el e polos mares adxacentes) moderan o clima da parte occidental de Europa, conformando unha rexión caracterizada polos seus invernos suaves e veráns suaves, e unha pluviosidade elevada.
Nos países da zona mediterránea coma España, Italia ou Grecia, as temperaturas son máis calurosas, por atoparse ó sur do continente e bañadas por un mar de menor tamaño, tendo tamén unha temperatura relativamente uniforme ó longo do ano debido á presenza do Mar Mediterráneo.
No interior de Europa, o efecto moderador do mar desaparece, aumentando o efecto de oscilación térmica anual en función da distancia ás grandes masas de auga, e así os países ó leste de Polonia experimentan condicións climáticas moito máis frías e secas.
Os ventos dominantes a nivel xeral son do suroeste, con masas de aire que proveñen do Atlántico a latitudes máis baixas e que polo tanto son cálidas e húmidas, e do noreste, que trae aire da zona de Siberia, máis seco e frío.
Ver: Entorno natural da Unión Europea