Comportamento
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
comportamento s.m.
- Maneira de comportarse, de proceder. Non hai queixa do seu comportamento.
A verba comportamento refírese de xeito xeral ás accións dun obxecto ou organismo, usualmente en relación co seu entorno ou mundo de estímulos. O comportamento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario.
Tecnicamente, en psicoloxía, o comportamento defínese de dous xeitos:
- Todo o que un organismo fai
- Calquera interacción entre un organismo e o seu ambiente
O comportamento na xente (e outros organismos e aínda mecanismos) cae dentro dun rango, sendo algúns comportamentos comúns, algúns inusuais, algúns aceptados, e outros fora dos límites aceptados. A aceptación dun comportamento é avaliada polas normas sociais e regulada por varios medios de control social. O comportamento da xente é estudado por varias disciplinas, incluíndo a psicoloxía, a socioloxía e a antropoloxía no caso do comportamento humano, e a Etoloxía en relación ó enteiro Reino Animal.
Na fala común, non así no discurso científico, ten unha connotación definitoria. Unha persoa ou un grupo social (como suma de persoas) son definidos e clasificados polos seus comportamentos, pode que máis ca polas súas ideas, e isto serve para fixar espectativas: 'o que se pode esperar'.
[editar] Véxase asemade
- Control social
- Costume
- Psicoloxía