Comunidade de Taizé
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
A Comunidade de Taizé é unha comunidade monástica cristiá que acolle a integrantes de diversas confesións, promovendo o ecumenismo.
[editar] Historia
O Irmán Roger (Roger Louis Schutz-Marsauche), fillo dun pastor suízo e estudante de teoloxía, sentiu, en agosto de 1940, a chamada a «construír unha vida comunitaria en que a reconciliación, segundo os Evanxeos, sería vivida nunha realidade concreta». Deixou Suíza ós 25 anos e instalouse en Taizé, na Borgoña francesa. Durante a Segunda Guerra Mundial acolleu a refuxiados, entre eles a xudeus que abandonaban a zona ocupada. Máis tarde, foron uníndose compañeiros doutras igrexas.
Nos anos 50, algúns irmáns abandonaron o alto de Taizé e marcharon cara lugares onde a pobreza é extrema para vivir cos que máis sofren. É tamén dende finais dos anos 50 cando milleiros de xóvenes comezan a ir a Taizé para participar nos encontros de oración e reflexión.
O Irmán Roger foi prior da comunidade ata a súa morte ós 90 anos, o 16 de agosto de 2005, apuñalado por unha muller rumana con aparentes trastornos mentais durante a oración vespertina en Taizé.O seu sucesor, designado por el mesmo anos antes, é o irmán Alois Löser.
Tamén teñen visitado Taizé homes de Igrexa como o Papa Xoán Paulo II, tres arcebispos de Canterbury, metropolitas ortodoxos, os catorce bispos luteráns de Suecia e numerosos pastores do mundo enteiro.
Hoxe a comunidade reúne a un centenar de irmáns, de diversas confesións cristiás, de máis de vintecinco nacionalidades.
[editar] Principios
Os irmáns comprométense para toda a vida a compartir os bens materiais e espirituais, o celibato e a unha grande simplicidade de vida, e viven do seu traballo. Non aceptan ningunha donación, nin agasallos para eles mesmos. Entre os seus fins está a intención de promover a reconciliación e a unidade entre os cristiáns.