Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Consello de Seguridade das Nacións Unidas é o órgano máis poderoso da ONU. Está encargado de manter a paz e a seguridade entre as nacións. Mentras os demáis órganos da ONU só fan recomendacións ós gobernos dos países membros, o Consello de Seguridade ten poder para tomar decisións que os estados membros deben obecer de acordo ca Carta das Nacións Unidas. As decisións do Consello de Seguridade son coñecidas como Resolucións do Consello de Seguridade. A primeira sesión do Consello de Seguridade celebrouse o 17 de xaneiro de 1946 en Church House, Londres.
[editar] Membros
Os representantes dos membros do Consello de Seguridade deben estar sempre presentes no cuartel xeral da ONU para poder reunirse en calquera momento. Decidiuse engadir este requerimento á Carta das Nacións Unidas para paliar unha das debilidades da Sociedade das Nacións, dado que esta organización foi a miudo incapaz de responder rápidamente ás crises. A presidencia do Consello de Seguridade rota cada mes.
Hai dous tipos de membros: os Membros Premanentes e os Membros Electos.
[editar] Membros Premanentes
- República Popular China
- República Francesa
- Federación Rusa
- Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte
- Estados Unidos de América
[editar] Membros Electos
A Asemblea Xeral elixe outros 10 membros para unha duración de 2 anos, cambiando 5 deles cada ano. Os membros distribúense por continentes: 2 países de África, 2 de América, 2 de Asia, 2 de Europa Occidental e 1 de Europa Oriental. o último asento rota cada dous anos entre Asia e África.
Os membros electos actuais (2005-2006) son:
As Nacións Unidas | |
Sistema das Nacións Unidas |
|
|