Edmund Halley
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edmund Halley (Haggerston, Londres 1656 - Greenwich 1742) foi un astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley revelou a verdadeira natureza dos cometas.
Fillo dun rico fabricante de xabón, xa dende moi novo amosa interese polas matemáticas e da astronomía da man do astrónomo real, John Flamsteed, profesor seu en Oxford, logo de graduarse viaxa á illa de Santa Helena, coa intención de estudar as estelas dende o Hemisferio sur, en 1678 regresa a Inglaterra e publica Catalogus Stellarum Australium (1679), no que inclúe detalles de 341 estrelas meridionais, e entra na Royal Society.
A teoría da gravidade de Newton permitiulle calcular a órbita dun cometa, o de 1682, descubrindo que era o mesmo que fora visto en 1531 e 1607 e previndo que volvería pasar en 1758. Na súa honra deuselle o nome 1P/Halley. Entre 1698 e 1700 percorreu as costas de África austral, ocupado na teoría do magnetismo terreste no barco Paramour Pink.