El Peñón, Santander, Colombia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O municipio do Peñon está situado a 262 km de Bucaramanga no departamento de Santander, en Colombia. Limita con Bolívar e con Sucre.
[editar] Historia
Os seus antigos habitantes foron as tribus dos Agataes. En 1943 foi recoñecida a fundación da poboación. Mediante o decreto 02755 de 1 de xaneiro de 1953 ascendeu á categoría de correxemento do municipio de Bolívar, pero logo as ordenanza 018 de 1990 e 022 de 1992 facultaron ao gobernador para que realizara a xestión necesaria para declaralo municipio. O 8 de febreiro de 1993 o gobernador Juan Carlos Duarte Torres mediante o decreto 0034 realizou tal xestión.