Wikipedia:Eliminación rápida
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Excepto para edicións pequenas, por favor use a páxina de discusión para propoñer cambios nestas directrices. |
Hai unha serie de casos nos que os administradores poden borrar páxinas inmediatamente sen pasar polo sistema de votacións de páxinas para borrar. Todas aquelas páxinas que cumpran algunha das condicións relacionadas abaixo poden ser catalogadas para eliminación rápida e ser eliminadas sen demora. Os usuarios que non sexan administradores poden incluir as páxinas nesta categoría engadindo algún dos seguintes modelos de marcador {{lixo}} ou {{lixoporque|Razón pola que se propón}} na parte superior da páxina.
Índice |
[editar] Os casos
Os administradores poden borrar inmediatamente unha páxina, se cumpre algún dos criterios expostos a continuación. Comprobe sempre o historial da páxina por se existe unha versión previa que poda ser recuperada e non sexa necesario borrala.
[editar] Artigos
- Para calquera artigo que non corresponda á categoría eliminación rápida, use Wikipedia:Votacións para borrar.
- Páxinas de proba, de caracteres aleatorios, ou semellantes.
- Unha sub-páxina creada polo propio usuario (Exemplo: unha posible páxina User:RickBlaine/probas)
- Páxinas creadas con enderezos de sitios web no título.
- Páxinas con títulos absurdos, ou palabras que non o son.
- Páxinas nas que o único contido sexan ligazóns, unha sección vexa tamén, referencia dun libro, clasificador de categoría, modelo de marcador.
- Páxinas nas que o único contido sexa spam.
- Páxinas con erros debidos a unha incorrecta configuración do teclado.
- Imaxes, cando o solicite o usuario que a publicou e sempre que non se estea a usar.
- Páxinas sen historial relevante que sexan violacións flagrantes dos dereitos de autor. Por historial relevante enténdese calquera contribución ao artigo que non se limite a redirecionamentos, interlinks, categorias e wikificación.
- Puro vandalismo.
- Artigos moi curtos fóra de contexto.
- Páxinas noutros idiomas non traducidas despois do periodo transitorio para a súa tradución.
- Páxinas incompresibles escritas por usuarios que non coñecen minimamente o galego.
- Artigos publicados por usuarios bloqueados, antes de ser levantado o bloqueo con outras IPs ou identidades.
- Borrado temporal mentres se está movendo unha páxina de localización.
- Bromas, invencións, rumores, falsidades.
[editar] Redireccións
As redireccións poden ser inmediatamente borradas se non teñen un historial relevante e:
- Apuntan a páxinas que non existen.
- Foron creadas no espazo de nomes trabucado.
- Son resultado de erros nos títulos das páxinas.
- Dobres redireccións.
[editar] Outras páxinas
- Páxinas persoais a petición do seu usuario (páxina persoal ou páxina de discusión se non existen motivos para conservalas).
- Páxinas de discusión de artigos borrados.
- Páxinas de discusión de usuarios non rexistrados cando as mensaxes xa non sexan relevantes (Isto é para evitar a confusión cando os novos usuarios editen desde o mesmo enderezo IP.)
- Categorías baleiras (sen artigos ou subcategorías) cando só conteñan enlaces a categorías superiores.
- Categorías baleiras (sen artigos ou subcategorías), 24 horas despois de baleiralas.