Enerxía de ionización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A enerxía de ionización, tamén chamada, impropiamente, potencial de ionización é la enerxía que hai que subministrar a un átomo neutro, gasoso e en estado fundamental, para arrincarlle o electrón máis debilmente retido.
Podemos expresalo así:
Átomo neutro gasoso + Enerxía -----> Ión positivo gasoso + e -
Sendo esta enerxía a correspondente á primeira ionización.
A segunda enerxía de ionización representa a enerxía que se precisa para arrincar o segundo electrón; esta segundo enerxía de ionización é sempre maior que a primeira, pois o volume dun ión positivo é menor que o do átomo e a forza electrostática sobre o electrón que queremos arrincar é maior no ión positivo que no átomo, xa que se conserva a mesma carga nuclear.
A enerxía de ionización expresase en electrón-volt ou en jouls (ou kilojouls) por cada mol de átomos (kJ/mol).
1 eV = 1,6 . 10 -19 coulombs . 1 volt = 1,6 . 10 -19 jouls
Se a enerxía dun átomo fose de 1 eV, para ionizar un mol deses átomos (6.22x1023 átomos) serían necesarios 96,5 kJ.
Como norma xeral, na táboa periódica, nos elementos dunha mesma familia ou grupo, a enerxía de ionización diminúe a medida que aumenta o número atómico, es dicir, de arriba abaixo, tal como se representan habitualmente as táboas periódicas.
Nos metais alcalinos , por exemplo, o elemento de maior enerxía de ionización é o litio e o de menor o cesio. Isto é fácil de explicar, pois o último electrón sitúase en orbitais situados cada vez máis lonxe do núcleo e, a súa vez, os electróns das capas interiores exercen un efecto de pantalla sobre a atracción nuclear sobre os electróns periféricos. Esta norma deixa de cumplirse para o francio.
Nos elementos de un mesmo período da táboa periódica, a enerxía de ionización aumenta a medida que aumenta o número atómico, é dicir, de esquerda a dereita.
Isto debese a que o electrón diferenciador (o último en enerxía) dos elementos dun período está situado no mesmo nivel enerxético, mentres que a carga do núcleo aumenta, polo que será maior a forza de atracción, e, a súa vez, o número de capas interiores non varía e o efecto pantalla non aumenta.
Isto último non é unha regra, senón unha orientación, xa que o aumento non é continuo, pois no caso do berilio e do nitróxeno, por exemplo, téñense valores máis altos do que nun principio sería de agardar por comparación cos outros elementos do mesmo período. Este aumento debese a estabilidade que presentan as configuracións s2 e s2 p3 , respectivamente.
A enerxía de ionización máis elevada correspóndelle ós gases nobres, xa que a súa configuración electrónica é a máis estable, e polo tanto haberá que proporcionar máis enerxía para arrincarlles electróns.
Grupo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | |
Período | |||||||||||||||||||
1 | H 1312 |
He 2372 |
|||||||||||||||||
2 | Li 520 |
Be 899 |
B 801 |
C 1086 |
N 1402 |
O 1314 |
F 1681 |
Ne 2081 |
|||||||||||
3 | Na 496 |
Mg 738 |
Al 578 |
Si 787 |
P 1012 |
S 1000 |
Cl 1251 |
Ar 1521 |
|||||||||||
4 | K 419 |
Ca 590 |
Sc 633 |
Ti 659 |
V 651 |
Cr 653 |
Mn 717 |
Fe 762 |
Co 760 |
Ni 737 |
Cu 745 |
Zn 906 |
Ga 579 |
Ge 762 |
As 944 |
Se 941 |
Br 1140 |
Kr 1351 |
|
5 | Rb 403 |
Sr 549; |
Y 600 |
Zr 640 |
Nb 652 |
Mo 684 |
Tc 702 |
Ru 710 |
Rh 720 |
Pd 804 |
Ag 731 |
Cd 868 |
In 558 |
Sn 709 |
Sb 831 |
Te 869 |
I 1008 |
Xe 1170 |
|
6 | Cs 376 |
Ba 503 |
Lu 524 |
Hf 659; |
Ta 761 |
W 759 |
Re 756 |
Os 814 |
Ir 865 |
Pt 864 |
Au 890 |
Hg 1007 |
Tl 589 |
Pb 716 |
Bi 703 |
Po 812 |
At 930 |
Rn 1037 |
|
7 | Fr 393 |
Ra 509; |
Lr |
Rf |
Db |
Sg |
Bh |
Hs |
Mt |
Ds |
Uuu |
Uub |
Uut |
Uuq |
Uup |
Uuh |
Uus |
Uuo |
|