Ernst Theodor Amadeus Hoffmann
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo debe incluir o material procedente de Ernest Theodor Amadeus Hoffmann
Ernest Theodor Amadeus Hoffmann (24 de xaneiro de 1776-25 de xuño de 1822), escritor e compositor alemán, que influiu no movemento romántico da literatura alemá.
[editar] Biografía
Nado en Königsberg (Prusia Oriental; agora Kaliningrado, en Rusia), fillo dun avogado ainda que despois da separación dos seus pais en 1778 foi criado pola familia da súa nai. O seu terceiro nome era orixinalmente Wilhelm, pero máis tarde tomou o de Amadeus en honor a Wolfgang Amadeus Mozart.
Hoffmann estudou dereito na Universidade de Königsberg pero soamente exerceu o seu cargo de de avogado durante un curto periodo de tempo, antes de adicarse á pintura.
En 1814 volve á administración civil prusiana en Berlín e exerce como xuiz até a súa morte.
[editar] Obra
Hoffmann é moito máis coñecido como escritor. As súas obras de ficción, combinan o grotesco e o sobrenatural con un poderoso realismo psicolóxico, encontranse entre as máis influíntes do movemento romántico.
As máis famosas son os contos fantásticos nos que Jacques Offenbach basou a ópera Os contos de Hoffmann (1880) e Léo Delibes o seu ballet Coppélia (1870).
Moitas das novelas cortas máis famosas de Hoffmann foron reunidas nas súas Pezas fantásticas de 2 volumes, (1814-1815), que tamén contén unha colección de crírica musical e as ilustracións propias. Hoffmann escribiu tamén a obra Os elixires do diaño (1816).